27/12/09

SUSPENSIÓN DO NOSO PARTIDO

Debido a choiva e á suspensión de clases, non houbo partido contra o C.B. LAREDO. Intentaremos que haxa outro en xaneiro ou así.
Xa non queda nada para o 2010, e como xa sabedes desexámosvos un Bo Nadal e un Próspero Aninovo. Recordamosvos que se queredes podédesvos facer seguidores do blog.
E xa por último recordámosvos que quedan só 4 días para que se acabe o prazo para votar nas nosas enquisas.

4/12/09

O DERBI GALEGO ENTRE UN BREO QUE NECESITA A VICTORIA E O CIUDAD DE VIGO BASKET QUE A NECESITA MÁIS...

Si visitantes/as, un derbi galego hoxe nas Travesas (o pabellón do Ciudad de Vigo Basket), entre o Leche Río Breogán, que necesita a victoria para acadar un bo posto nos primeiros, e o Kics Ciudad de Vigo Basket, que necesita a victoria, PORQUE VAI DE ÚLTIMO!!!!!
Seguramente o martes subiremos un vídeo do partido retocado por nós, (non colgaremos simplemente o grabado), e intentaremos que sexan dende unha boa posición, dende logo mellor da que emite FEB TV...

3/12/09

NOVA SECCIÓN TITULADA PRÓXIMOS PARTIDOS

Esa nova sección vai estar a dereita do blog coma sempre, e alí colgaremos os nosos próximos partidos.
Mantedevos atentos a este blog, participade nel e difundídeo por aí, que non se vos esqueza...