20/1/10

PRONTO FAREMOS UN GRAN CAMBIO...

Como di o título da entrada, pronto faremos un gran cambio. Polo de momento non adianteremos nada (deixámosvos con intriga eh??), e como moito, estará colgado a semana que ven, e xa un pouco avanzada a semana. Para nós e un cambio bastante grande, xa saberedes que é!! Podedes permanecer atentos ó blog!!!!! E dicirllo á xente para que o saiba máis!!!! E pode que non só fagamos un gran cambio no club, se non que algo tamén no blog como o que fixemos hoxe... (xa adiantamos algo).

9/1/10

NOVO ANO CARGADO DE NOVIDADES

Para empezar, desexámosvos un Feliz 2010. Este ano chega cargado de novidades:
- Resultados das enquisas:
Como xa sabedes tiñamos dúas enquisas para que votarades nelas, imos aló:
- Que che parece este blog?
- Moi interesante: 23 votos (92%).
- Normal: 1 voto (4%).
- Regular: 0 votos (0%).
- Aburrido: 1 voto (4%).
Cos resultados desta enquisa estamos satisfeitos, MOITAS GRAZAS!!!! (Dita enquisa
repetirase continuamente).
- Que deportes prefires ou cres que son mellores?
- Baloncesto: 9 votos (100%)
- Fútbol, Balonmán, Tenis e outros (que se podían especificar a traves do noso
correo electrónico): 0 votos (0 %).
Estamos tamén contentos con estes resultados, pero esperabamos máis participantes, polo
que se repetira a en quisa de novo.
- Isto no é que sexa unha novidade con respecto ó noso club, pero citarémolo igualmente:
Fai uns días celebrouse a entrega de premios do concurso de blogs Reblogdela 09*. A dito
concurso presentouse Brais, un dos nosos xogadores, e gañou o concurso. O tema deste ano
era "A nosa gastronomía" e como xa deberedes de saber, para poder gozar de boa saúde e así
poder realizar actividades físicas, convén ter unha boa alimentación, así que se queredes
podedes visitar dito blog para saber como poder comer ben en Redondela. Aquí tedes o link:
GASTROBLOG DE REDONDELA *Alí tamén vos poderedes informar con exactitude de que
é Reblogdela.
- Para rematar gustaríanos disculparnos por algo de falta de organización (como non colgar con exactitude quenes son os nosos xogadores) e por non prometer o prometido (como o partido que dixemos que colgaríamos feito por nos do Vigo-Breo).