5/11/10

COMEZO DA LIGA NA QUE XOGAMOS

Por agora non temos a suficiente información para crear a prometida zona similar á ZONA LIGA LINCO 2010 só que da liga oficial da FEGABA, así que polo de agora só vos ímos dicir os partidos e os horarios (esperemos que a semana que ven xa teñamos todo o necesario):

  • CD ALEXANDRE BÓVEDA-BALONCESTO CONTRA O CEIP GARCÍA BARBÓN:
- Lugar: CEIP GARCÍA BARBÓN
- Data e hora: O vindeiro 6 de novembro de 2010 ás 12:30h, pero recordamos a todos os xogadores que teñen que estar alí ás 12:00h sen retrasos.

Se queredes podedes ir a vernos, e repetimos que a semana que ven esperemos ter a zona prometida e un medio de información da liga mellor.

O CD ALEXANDRE BÓVEDA-BALONCESTO APOSTA POLO BALONCESTO NOS CATIVOS

O noso club de baloncesto incorpora un equipo máis, para os máis cativos:
Será un equipo específicamente para os máis pequenos, dende os 4 anos ata 3º de primaria. Con este equipo, o que pretende o noso club e divertir ós cativos xogando ó baloncesto e que xa desde pequenos teñan unha visión do que é o noso deporte. Os horarios de adestramento serán os mércores de 15:45 h a 16:45 h no CEIP LAREDO, e o equipo será adestrado por Paula e Brais, Miguel e Abraham (tamén xogadores no equipo de Chapela) serán adestradores-axudantes.
Xunto cos outros dous equipos de baloncesto que adestramos (o de Chapela e o de Cesantes), xa temos tres equipos este ano. Pouco a pouco ímos crecendo, e unha proba delo e este novo equipo.
Permanecede atentos a nós, porque temos moitas cousas das que vos informar neste comezo de tempada.