24/3/10

NOVIDADES!!!

-Agora dispoñedes dun xogo creado por nós, que atoparedes despois da Zona de documentos, que seguramente vos vai gustar.
- Este Venres 26 hai Liga Linco, informádevos en "PRÓXIMOS PARTIDOS DA LIGA LINCO".

21/3/10

6ª XORNADA DA LIGA LINCO

Xa temos os resultados!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
- OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS PEREGRINOS BERBÉS: 18-14 Gañamos!!!!!!
- OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS RETRANQUEIROS ILLAS CÍES: 12-22 ...
E agora a clasificación:

Lenda: PX: Partidos Xogados, PG: Partidos Gañados, PP: Partidos Perdidos, PE: Partidos Empatados, XL: Xogo Limpo, PTOS: Puntos.
Aproveitamos para dicirvos que na ZONA LIGA LINCO atoparedes toda a información que queredes e máis.

20/3/10

INFORMÁMOSVOS!!

Queríamosvos informar de algunhas novidades:
- Nova cor de fondo, como xa notariades (despois do arreglo do virus quixemos darlle un novo aire ó blog).
- Despois da zona de entradas podedes visitar nunha nova sección chamada DIVÍRTETE!!!, páxinas para divertirvos, e só saberedes cales son se facedes clic nelas!!!
- IMPORTANTE!!!! A xornada 7 da liga Linco queda suspendida por mor do día do Pai: Felicidades ós páis e ós Xosés!!!
- Nova sección titulada ZONA DE DOCUMENTOS: Alí atoparedes toda clase de documentos, así que estade atentos. O primeiro que colgamos foi o calendario da 8ª Liga Linco (só categoría Mini), feito por nós orixinalmente. Debaixo del, atoparedes unha enquisa na que podedes votar que vos parece o noso calendario. Atópase despois das nosas mascotas.

11/3/10

SOLUCIONADO O PROBLEMA DO VIRUS NO BLOG

Démonos conta, que non só estaba infectado o gadget con música (canción), se non que os xogos de GAME'S ZONE tamén tiñan virus, aínda que só empezaron a aparecer onte os virus nos xogos.
Total, que despois se quitaron os xogos e problema resolto. Aínda así quéremosvos pedir disculpas por deixarvos sen comunicación con nós un día e medio, e tamén se a alguén lle entrou o virus, pois pedirlle disculpas.
Para evitar líos como este cómpre ter un bo anti-virus, así que comprobade se o tendes!!

9/3/10

5ª XORNADA DA LIGA LINCO

O pasado venres 5 de marzo celebrouse nas pistas de Balaídos a 5ª xornada da Linco. Aquí tendes os resultados do noso equipo (que xa adiantamos que non foi precisamente a nosa mellor xornada), a clasificación e polo medio de todo fotos:
- OS CABALIÑOS DE BUXO FLÉMING V.S. OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA : 22 - 20.

- OS APÓSTOLOS BALAÍDOS V.S. OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA: 20 - 16.


Lenda: PX: Partidos Xogados, PG: Partidos Gañados, PP: Partidos Perdidos, PE: Partidos Empatados, XL: Xogo Limpo, PTOS: Puntos.
Aproveitamos para dicirvos que na ZONA LIGA LINCO atoparedes toda a información que queredes e máis.



3/3/10

REANUDACIÓN DA LIGA LINCO

Despois de dúas xornadas sen xogar (unha por que descansabamos e outra por suspensión por mal tempo) reanudaremos os partidos o venres 5 de marzo contra OS CABALIÑOS DE BUXO FLÉMING ás 17:10 na pista dous e contra OS APÓSTOLOS BALAIDOS ás 17:35 na pista 3.
Esperamosvos ver alí, e recordade que na ZONA LIGA LINCO atoparedes toda a información que queredes e máis.