24/3/11

NOVO PARTIDO AMISTOSO DOS BENXAMÍNS

Este próximo sábado 26 xogarase un partido amistoso de benxamíns no noso campo local (CEIP Alexandre Bóveda) contra o equipo benxamín do "Chouzo":

-"CD ALEXANDRE BÓVEDA-BALONCESTO" V.S. "CHOUZO": O partidos xogarase ás 12:00h, pero convén que os adestradores/as e xogadores/as estean nas instalacións entre as 11:30h e as 11:45h, aínda que a esa hora estea en desenvolvemento o partidos dos alevíns.

Estades convidados/as a ir!

9ª XORNADA DA 2ª FASE DA LIGA ALEVÍN MIXTO

Este próximo sábado 26 os alevíns do club xogaran unha nova xornada da Liga Alevín Mixto contra o "Chouzo":

- "CD ALEXANDRE BÓVEDA-BALONCESTO" V.S. "CHOUZO". O partido xogarase ás 11:00h, pero obrigatoriamente os xogadores/as e adestradosres/as deben estar no noso campo local (CEIP Alexandre Bóveda) ás 10:15h.

Estades todos convidados/as a ir!! (e esperemos que a choiva prevista non inflúa en gran medida no desenvolvemento do partido...).

10/3/11

PARTIDO AMISTOSO DOS BENXAMÍNS

Este próximo sábado 12 de marzo, a continuación do partido da liga alevín mixto, ás 12:00 h, xogarase un partido amistoso e local entre os mesmos equipos que o partido dos alevíns, "CD, ALEXANDRE BÓVEDA-BALONCESTO" V.S. "DIVINO SALVADOR B", só que de categoría benxamín e algúns pre-banxamíns. Os xogadores/as e adestradoras/es deberán estar ubicados nas instalacións do centro ás 11:30 h. Estades todos convidados a ir!

7ª XORNADA DA 2ª FASE DA LIGA ALEVÍN MIXTO

Este sábado 12 de marzo xogarase o partido "CD ALEXANDRE BÓVEDA-BALONCESTO" V.S. "DIVINO SALVADOR B" da liga alevín mixto na nosa casa (CEIP Alexandre Bóveda) ás 11:00h, pero os adestradores/as, xogadores/as... deberán estar no mesmo ás 10:15 h sen falta. Como sempre vos dicimos, estades todos convidado a ir ó mesmo!!

3ª XORNADA DA LIGA LINCO XL

Este venres día 11 de marzo xogarase en Balaídos a 3ª xornada da Liga Linco XL 2011 cos seguintes partidos, respectivas pistas e respectivas horas:
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS PIÑEIROS BALAÍDOS ás 18:05 h na pista 1.
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS LOBISOMES BALAÍDOS ás 18:40 h na pista 1.

Estades todos convidados a ir! E recordade que toda a información que queredes e máis na ZONA LIGA LINCO XL 2011!