12/5/11

8ª E ÚLTIMA XORNADA DA LIGA LINCO XL 2011

Este próximo venres 13 de Maio celebraráse no Pabellón Municipal de Balaídos a última xornada da Liga Linco XL 2011. Os partidos serán os seguintes:

- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS PIÑEIROS BALAÍDOS ás 18:05h na pista 1.
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS LOBISOMES BALAÍDOS ás 18:40h na pista 1.

Estades todos convidados a ir!!

9/5/11

II XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DE BALONCESTO

Por segundo ano consecutivo, o noso club deportivo vai repetir as xornadas de portas abertas de baloncesto, cunhas espectativas de superar en moi altos porcentaxes ás anteriores, pero dun xeito distinto ó do ano pasado: Se facedes memoria, o ano pasado convocouse este evento para un sábado pola mañá. Pois ben, este ano as xornadas serán todo o mes de maio en diversos centros educativos do concello de Redondela; algúns centros nos que xa adetramos nas súas respectivas horas normais (ou nalgúns casos diferentes) e noutros centros nos que se vai impartir a actividade por primeira vez.
Adxuntámosvos aquí o cartel que realizamos para anunciar as xornadas, para que vexades as datas, lugares e horarios das xornadas:

Cartel II Xornadas de Portas Abertas

Para incribirvos tendes que ou ben madar unha mensaxe ó enderezo electrónico cbalexandreboveda@gmail.com incluíndo nome, apelidos, centro educativo, idade, curso, data de nacemento e enderezos e teléfonos de contacto, ou ben asistir a algúns dos centros onde se vai desenvolver a actividade e xa tomaremos nós os datos.
Estades todos e todas convidados a asistir ás nosas xornadas de xeito gratuíto!!!! E se o desexades, tamén vos agradeceriamos que collesedes o noso cartel e o peguedes no voso ámbito, e que lle comuniquedes ós vosos amigos e ás vosas amigas a existencia destas xornadas.