31/8/11

OS TELÉFONOS MÓBILES E O NOSO BLOG

Temos dúas novas que anunciar que relacionan ós teléfonos móbiles e o noso blog:
· Primeira: Xa está dispoñibel unha versión adaptada ós teléfonos móbiles do noso blog. O malo é que só se poden ler as entradas, así que se prefires a versión normal do blog, fai clic abaixo de todo na opción "Ver versión web".
· Segunda: Dispós dun teléfono móbil con Android, un iPhone ou unha BlackBerry? Pois logo podes acceder rápidamente ó noso blog con só escanear o seguinte código QR (abaixo). Para poder facelo descarga un escaner QR no Android Market, no App Store ou no Black Berry App World respectivamente. (No caso do Android Market e do BlackBerry App World os enlaces levan a unha páxina oficial do Android Market e do BlackBerry App World respectivamente, onde elexir entre varias aplicacións, e no caso do App Store só conseguimos mostrarvos unha aplicación, aínda que podedes picar noutras similares onde pon á esquerda "Más Apps para iPhone de TapMedia Ltd").

qrcode

FINALIZAN AS II XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

O pasado sábado 4 de xuño finalizaron no CEIP Laredo as II XORNADAS DE PORTAS ABERTAS organizadas polo noso club. Como xa adiantamos, esperábamos un gran aumento de xogadores e xogadoras, tal e como confirman as estatísticas: Con respecto ó ano pasado incrementamos nun 600% o número de xogadores e xogadoras, sendo así 120 os participantes que asistiron de bo grado ós adestramentos gratuitos todo o mes de maio. Por eso, finalizamos esta entrada, anunciando a nosa esperanza de batiren o ano que ven outra marca de número de participantes, e de que algún deses/as participantes sexas ti.