26/2/11

RESULTADOS DA 2ª XORNADA DA LIGA LINCO XL 2011

A 2ª xornada da liga Linco XL 2011 foi a máis emocionante que tivemos:

- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. AS SOBREIRAS BALAÍDOS: 2-12.
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. AS CASTAÑAS BALAÍDOS: 16-14.
No primeiro partido non andivemos tan ben, como se reflicte no resultado, pero no segundo xa empezamos gañando nós cunha canastra de dous puntos, e malia que os outros xogadores non xogaron mal, nós estivemos máis atinados, non deixamos escapar a victoria e notouse que os xogadores/as do club pasárono xenial!
Deixámosvos coas fotos e a táboa clasificatoria da xornada, e recordade que toda a información que queredes e máis na ZONA LIGA LICO XL 2011.



24/2/11

6ª XORNADA DA 2ª FASE DA LIGA ALEVÍN MIXTO

Este próximo sábado 26 xogan os xogadores/as do noso club da categoría alevín:
- CD ALEXANDRE BÓVEDA-BALONCESTO V.S. CB CASELAS A en Salceda ás 10:30 h. Recordámos ós adestradore/as e xogadores/as que se o partido comeza ás 10:30 h hai que estar alí ás 10:00 h.
Estades todos convidados a ir!

II XORNADAS DE BALONCESTO PARA RAPACIÑ@S

Como xa anteriormente participamos, este sábado 26 de Febreiro imos xogar os máis pequenos do club en Maristas nas tres pistas exteriores. Haberá que estar alí ás 11:30-11:45 h para comezar a xogar ás 12:00 h. Os xogadores/as que asistirán serán os nenos e nenas de Laredo, os máis pequenos de Cesantes e os máis pequenos de Alexandre Bóveda.
Os adestradores de Laredo (Brais, Miguel e Abraham, ámbolos tres xogadores do club) estarán alí agardando ás 11:30 h.
Estades todos convidados a ir!

2ª XORNADA DA LIGA LINCO XL

Este próximo venres día 25 de Febreiro vaise disputar a 2ª xornada da 2ª liga Linco XL. Os partidos que xogaremos serán os seguintes:
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. AS SOBREIRAS BALAÍDOS ás 18:05 h na pista 1.
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. AS CASTAÑAS BALAÍDOS ás 18:40 h na pista 1.

Os xogadores/as e adestradores/as teñen que estar ás 17:55 h alí (baixo 18 de Balaídos).
Estades todos/as convidados a ir!
Recordámosvos que toda a información que queredes e máis na ZONA LIGA LINCO XL 2011.

5/2/11

RESULTADOS DA 1ª XORNADA DA LIGA LINCO XL 2011

A 1ª xornada da liga Linco celebrouse onte no pabillón municipal de balaídos, e xa temos os resultados:

- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS LOBISOMES BALAÍDOS: 12-2.
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS ESQUÍOS BALAÍDOS: 8-18.
A xornada resúmese nunha victoria e nunha derrota, pero esperamos que en próximos días a xornada sexa soamente positiva! Deixámosvos coa foto da nosa xornada e a táboa clasificatoria:





Recordade que toda a información que queredes e máis na ZONA LIGA LINCO XL 2011.

3/2/11

3ª XORNADA DA 2ª FASE DA LIGA ALEVÍN MIXTO

Este próximo sábado 5 de febreiro xogamos de novo contra o "DIVINO SALVADOR A" no seu colexio (en Coruxo): CD ALEXANDRE BÓVEDA-BALONCESTO V.S. DIVINO SALVADOR A. A hora do partido é ás 11:00 h, polo tanto hai que estar alí ás 10:30 h (xogadores/as, adestradores...).
Como xa dicimos estades convidados a ir sempre que queirades ós partidos!

1ª XORNADA DA LIGA LICO XL

Este ano, os infantís e cadetes do noso club, entraron na xa coñecida "Liga Linco XL" (organizada polo Seis do Nadal - Coia). As xornadas comezarán este venres 4 de febreiro no pabillón municipal de Balaídos (concretamente no baixo 18) e se xogarán cada dous venres ata a úlima xornada que será o 13 de maio. Ademáis este ano temos un novo nome para a Linco: Este ano chamámonos "OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA" seguindo así as pautas do tema de este ano, a fauna e a flora.
Os partidos do seguinte venres 4 son:
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS LOBISOMES BALAÍDOS. Xogaráse ás 18:05 h na pista 1.
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS ESQUÍOS BALAÍDOS. Xogaráse ás 18: 40 h na pista 1.

Estades todos convidados a ir, e recordade que toda a información que queredes e máis na ZONA LIGA LINCO XL 2011.