17/7/12

RUTA Ñ 2012

Os Xogos Olímpicos de Londres 2012 están a piques de comezar, e polo tanto, a Selección Española de Baloncesto está a ter os seus partidos de preparación. A esa serie de partidos, a Federación Española de Baloncesto (FEB) denominounos Ruta Ñ 2012.
De momento xa levan xogados 4 partidos en Valladolid, Madrid, Salamanca e París (aínda que este último non entra dentro da Ruta Ñ 2012 xa que a organizou a Fédération Française de Basketball (Federación Francesa de Baloncesto) ou FFBB. Os 4 encontros tradúcense en 4 victorias. Á nosa selección quédanlle 4 partidos, en Granada, Málaga, A Coruña e Barcelona. Poderédesvos informar dos horarios e resultados aquí:

  • Martes 17 de xullo ás 20:45h dende TDP, TVEHD e rtve.es: ESPAÑA 75 VS. AUSTRALIA 69 |VICTORIA!
  • Mércores 18 de xullo ás 22:15h dende a 1 de TVE, TVEHD e rtve.es: ESPAÑA 81 VS. AUSTRALIA 75 |VICTORIA!
  • Venres 20 de xullo ás 22:15h dende a 1 de TVE, TVEHD e rtve.es: ESPAÑA 105 VS. ARXENTINA 85 |VICTORIA!
  • Martes 24 de xullo (hoxe) ás 22:30h dende a 1 de TVE, TVEHD e rtve.es: ESPAÑA 78 VS. USA 100 | DERROTA.