27/9/12

NOTA INFORMATIVA: COTAS E EQUIPACIÓN


Benvidos/as todos/as ao CLUB BALONCESTO REDONDELA nesta tempada 2012-2013. 
Os equipos infantís, cadete e senior xa comezaron os seus adestramentos.

Comunicámoslles que a cota mensual a satisfacer a partir do vindeiro mes de outubro é de 15 euros. De ter dous irmáns inscritos, o segundo/a pagaría 12 euros. No caso de ser tres irmáns no club, o terceiro/a pagaría 10 euros.

O pago mensual realizarase na primeira semana de cada mes ao adestrador.

Tamén é posible facelo por media tempada (60 euros a principios de outubro e 60 a principios de febreiro) ou pola tempada completa (120 euros a pagar no mes de outubro).
De haber algunha familia que queira domiciliar o pagamento ou ben facer ingreso/s directo/s na conta do club, debe poñelo en coñecemento do adestrador, para que se lle facilite ese medio de pago.


EQUIPACIÓN DO CLUB BALONCESTO REDONDELA (pantalón e camiseta)

Sobre este tema a vindeira semana emitirase unha nota na que se ofrecerán máis detalles.
  
A XUNTA DIRECTIVA

24/9/12

COMEZAN OS ADESTRAMENTOS PARA OS NENOS E NENAS NADOS ENTRE 2001 E 2007

A primeira semana de outubro comezarán os adestramentos nos colexios para os nenos e nenas nados entre 2001 e 2007. Para anotarse, hai que facelo no centro de ensino respectivo.
No caso de estar matriculado noutro centro distinto dos que aparecen máis abaixo, podes mandar un correo a: c.b.redondela.chapela@gmail.com

Os lugares, días e horas que temos previstos son:

LUNS
  • CEIP ALEXANDRE BÓVEDA (CHAPELA): de 15:45 a 17:30 h.
  • ARCADE: de 16 a 17 horas.
  • CEIP DE CEDEIRA: 16 a 17:30 horas.
MARTES
  • CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO (REBOREDA): de 16 a 17 h.
  • CPI CURROS ENRÍQUEZ (PAZOS DE BORBÉN).
 MÉRCORES
  • CEIP DE LAREDO (CHAPELA): de 16 a 17 horas.
  • CEP SANTA MARIÑA (REDONDELA): de 16:30 a 18 horas.
XOVES
  • CEIP OUTEIRO DAS PENAS (CESANTES): de 16:30 a 18:30.

18/9/12

HORARIOS DE ADESTRAMENTO

Nos seguintes cadros tendes os horarios de adestramento a partir da semana vindeira (dende o luns día 24). Mañá mércores será o derradeiro día no que adestren varias categorías xuntas.

CADETES MASCULINOS: nados nos anos 1997 e 1998.
(fai clic para ampliar a imaxe)


INFANTIL MASCULINO: nenos nados en 1999 e 2000.
(fai clic para ampliar a imaxe)

INFANTIL MIXTO: nenas e nenos nados no ano 2000.
(fai clic para ampliar a imaxe)

ALEVÍN: nenas e nenos nados en 2001 e 2002. Adestrarán no seu colexio un día á semana e todos xuntos os venres de 17:30 a 18:30 no IES San Simón.
(fai clic para ampliar a imaxe)

15/9/12

NOVAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

A pasada semana organizamos unha Xornada na que tomaron contacto co baloncesto varios rapaces/as novos. Esta semana, para todos/as os que non se enteraron, facemos dúas novas xornadas abertas á participación dos nados entre 1995 e 2002. Será no IES Pedro Floriani, o luns día 17 e o mércores día 19 ás 19 horas.
Fai clic no cartel, imprímeo e difunde a convocatoria entre os teus amigos e amigas.
Fai DEPORTE. Practica Baloncesto.
VEN E COÑECERÁS A MAXIA DO BALONCESTO!!!

14/9/12

O CB REDONDELA PARTICIPOU NA II FESTA POPULAR FLORES MARELIÑAS

Hoxe celebrouse na Alameda de Chapela a II Festa Popular de Froles Mareliñas. No apartado deportivo, esta edición contou cunha proba non competitiva, "Correr e andar", organizada polo Club de Atletismo de Redondela, ademais dunha exhibición de balonmán a cargo do Balonmán Chapela. Pola tarde, houbo unha serie de partidos en formato 3x3 entre xogadores de categorías infantil e cadete, organizadas polo Club Baloncesto Redondela. Ademais oferta musical e gastronómica a prezos populares.
Agradecemos o convite de Froles Mareliñas para participar nesta festa.

13/9/12

A FGB CONVIDA A COÑECER OS CAMBIOS REGULAMENTARIOS DA TEMPADA 2012/13


O próximo sábado 15 de setembro, a Federación Galega de Baloncesto (FGB), concretamente a Delegación Viguesa de Baloncesto (DVB), convida a todos os adestradores e adestradoras a coñecer os cambios nas regras e normas de xogo que se empezaran a aplicar nesta tempada 2012/13, aproveitando a reunión de inicio de tempada cos árbitros/as e oficiais de mesa. Será na Casa do Deporte (Vigo) ás 11h, e terá unha duración de aproximadamente 90 minutos.
Aproveitamos para engadir que podedes ver o novo Regulamento e as novas Regras e Normas na nosa páxina titulada Regulamento (fai clic).

10/9/12

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2012


O vindeiro
mércores 12 de setembro ás 19h, realizaremos unhas Xornadas de Portas Abertas no IES Pedro Floriani (Redondela) . Estades tod@s os nacidos entre os anos 1995 e 2002 convidados a asistir, e así, iniciarvos no baloncesto.
Tendes o cartel das Xornadas á esquerda. Podédelo imprimir e difundir se queredes:
Non dubides en asistir!

9/9/12

REMATOU O II TORNEO 3X3


Celebrouse este sábado o "II Torneo Benéfico Redondela 3x3". Nel participaron catorce equipos encadrados en dous grupos de sete. Un magnífico ambiente rodeou toda a xornada na que destacou, unha vez máis, a abondosa participación que mostra o gran interese que esperta o deporte da canastra en Redondela.


4/9/12

INICIO DA PRETEMPADA 2012

Acabáronse as vacacións! O equipo sénior xa o viviu hai un mes, e agora tocavos a vós, os mozos e mozas dende 1º da ESO para arriba:
Mañá, xoves 6 de setembro, ás 20h, celebraremos no IES Pedro Floriani (Redondela) unha concentración entre todos/as interesados/as en adestrar no CB Redondela, dende 1º da ESO para arriba, esta tempada, e así comezar a organizar os equipos que teremos e comezar os adestramentos.
Se estás interesado en paracticar baloncesto, non o dúbides, asiste!