28/4/12

I TORNEO INTER-ESCOLAR DE BALONCESTO



Os vindeiros 2 e 3 de xuño o Club Baloncesto Redondela vai organizar o I Torneo Interescolar de Baloncesto. Terá lugar na pista da Xunqueira e na Alameda de Redondela.
Haberá catro grupos:
A: 2º, 3º e 4º de Primaria.
B: 5º e 6º de Primaria.
C: 1º e 2º de ESO.
D: 3º e 4º de ESO.
A inscrición farase a través do profesorado de Educación Física de cada centro de ensino ata o 21 de maio no correo electrónico c.b.redondela.chapela@gmail.com
Para máis información pica aquí.

27/4/12

XORNADAS DE PROMOCIÓN DO BALONCESTO

O Club Baloncesto Redondela leva realizando dende o mes de marzo unhas xornadas de promoción do baloncesto nos centros de ensino. Comezou no CEIP de Cedeira no mes de marzo. En abril os monitores do club estanse desprazando ata o CEIP Santo Paio de Abaixo, o CPI de Pazos de Borbén e o CEP Santa Mariña. No mes de maio, ademais de achegarse a outros centros de Primaria, celebraranse varias xornadas en horario de tarde para posibilitar a asistencia do alumnado dos IES interesado en practicar o baloncesto. Proximamente comunicaranse as datas, lugares e horarios.

PARTIDOS DA XORNADA 28/29 DE ABRIL

Aquí tendes os partidos desta xornada 28/29 de abril. O equipo infantil masculino, ó igual que o equipo sénior masculino hai dúas semanas, comeza nesta xornada a fase clasificatoria tras rematar a fase regular. Poderán obtar a clasificarse entre os postos 72 e 78 a nivel do sur de Galicia. O equipo sénior masculino continúa cos seus cruces nesta xornada. As rapazas do equipo alevín mixto van xogar un amistoso nesta xornada, debido a que tamén rematou a fase regular da súa liga e están á espera do comezo da fase clasificatoria. Os benxamín continúan coas últimas xornadas da fase regular da súa liga, e para rematar, os máis pequenos do club van xogar varios partidos amistosos durante a mañá do sábado:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Fase Clasificatoria 31º-36º Sur | 3ª Xornada):


· CB REDONDELA 44 VS. CHURRASQUERÍA HAMBURGUESERÍA ORLY 47
- Lugar:
Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Domingo 29 ás 19:00h (xogadores ás 18:15h).

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Fase Clasificatoria 72º-78º Sur | 1ª Xornada):

· CB REDONDELA 46 VS. CARMELITAS ACEITES ABRIL (de Ourense) 59
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 28 ás 20:00h (xogadores ás 19:15h).


ALEVÍN FEMENINO (Partido amistoso | nº 1):


· CASTRO SAN MIGUEL VS.
CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Castro San Miguel.
- Hora: Venres 27 ás 17:30h (xogadoras ás 17:00h)

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 15ª Xornada):

·
CB REDONDELA 36 VS. MARISTAS B 22
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Sábado 28 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

PREBENXAMÍN MIXTO (Partidos amistosos):

·
CB REDONDELA VS. VARIOS EQUIPOS
- Lugar: Colexio Maristas El Pilar.
- Hora: Sábado 27 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

23/4/12

PARTIDOS DA XORNADA 21/22 DE ABRIL

Aquí tendes os partidos desta xornada 21/22 de abril. O equipo sénior descansa este fin de semana, ó igual que o alevín mixto, aínda que este último vai recuperar unha xornada:

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 22ª Xornada):

· CB REDONDELA 42 VS. PBB CANTEIRAS B 95
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 21 ás 18:00h (xogadores ás 17:15h).



INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | Recuperación 21ª Xornada):

· APOSTOL 79 VS. CB REDONDELA 29
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Domingo 22 ás 12h (xogadores ás 11:15h).


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | Recuperación 13ª Xornada):


· MARISTAS B VS.
CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Maristas El Pilar.
- Hora: Domingo 22 ás 12h (xogadores ás 11:30h).
 
BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 15ª Xornada):

· C
B REDONDELA VS. MARISTAS B
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Partido aprazado.

PARTIDOS DA XORNADA 14/15 DE ABRIL

Aquí tendes os partidos desta xornada 14/15 de abril. Como a fase regular do equipo sénior masculino rematou, agora van xogar a fase de clasificación por acadar o mellor posto entre o 31º e o 36º a nivel dos equipo do sur de Galicia, e comeza nesta xornada:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Fase Clasificatoria 31º-36º Sur | 1ª Xornada):

· A LAMA 52 VS. CB REDONDELA 54
- Lugar:
Centro Penitenciario da Lama.
- Hora: Domingo 15 ás 11:00h (xogadores ás 10:15h).

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 21ª Xornada):

· APOSTOL VS. CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Apóstol Santiago Xesuítas.
- Hora: Partido aprazado por chuvia.


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | 13ª Xornada):


· MARISTAS B VS.
CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Maristas El Pilar.
- Hora: Partido aprazado.
 
BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 14ª Xornada):

· APOSTOL
67 VS. CB REDONDELA 16
- Lugar: Colexio Apóstol Santiago Xesuítas.
- Hora: Sábado 14 ás 10:00h (xogadores ás 9:30h).