4/2/13

CONCURSO DE DESEÑO DA MASCOTA DO CLUB

O Club Baloncesto Redondela anda na procura dunha mascota. Se queres ser ti o deseñador da mesma, esta é a ocasión. Pasa á acción e debúxaa.
As bases completas podes atopalas debaixo do cartel. 
ANÍMATE E PARTICIPA.

Bases do concurso
“Deseña a mascota do CLUB BALONCESTO REDONDELA

O CLUB BALONCESTO REDONDELA organiza un concurso para elixir a súa mascota.
No mesmo poderán participar todas as persoas que o desexen.

Haberá dúas categorías segundo a idade dos concursantes:
A: Ata 14 anos.
B: De 15 anos en diante.
Cada participante poderá presentar un único debuxo, que se introducirá nun sobre pechado no que se incluirán ademais os datos persoais do concursante (nome e dous apelidos, data de nacemento, enderezo, número de DNI, teléfono/s de contacto, correo electrónico).

A técnica usada no debuxo é libre. Poderán realizarse en papel ou cartolina tamaño A4 ou en formato dixital (JPG, BMP, TIFF, PNG).

Prazo de recepción dos traballos:
Dende o día 4 de febreiro ata o 15 de marzo.

Lugar de entrega dos mesmos:
- Os realizados en papel poderán entregarse no Pavillón do IES San Simón todos os venres de 17:30 a 18:30.
- Os realizados en formato dixital serán enviados ao correo electrónico do club: c.b.redondela.chapela@gmail.com

Premios.
Haberá un primeiro premio para cada unha das categorías consistente nun diploma e un lote de material deportivo.
Os debuxos premiados quedarán en propiedade do CLUB BALONCESTO REDONDELA que poderá utilizalos no sucesivo como a súa mascota.

Xurado.
Estará formado pola Xunta Directiva do Club. O seu fallo será inapelable.

A organización porase en contacto cos gañadores na primeira quincena de abril e os seus nomes publicaranse no blog do club: http://cbredondela.blogspot.com.es/  

Entrega de premios.
Terá lugar no decurso do II Torneo Interescolar de Baloncesto que se celebrará o día 8 de xuño en Redondela.

A participación no concurso implica a aceptación de todos os apartados das presentes bases.
Redondela a 1 de febreiro de 2013

A XUNTA DIRECTIVA

0 comentarios:

Publicar un comentario