21/5/13

PARTIDOS DA PRÓXIMA FIN DE SEMANA

Benxamín mixto:
Sábado 25 ás 11 horas no Seis do Nadal
SEIS DO NADAL - C. B. REDONDELA


Alevín mixto:
Venres 24 ás 18 horas en "Los Sauces"
LOS SAUCES - C. B. REDONDELA



Cadete:
PARTIDO APRAZADO
C. B. REDONDELA -PORRIÑO BALONCESTO BASE

EXCURSIÓN AO PARTIDO OBRADOIRO-BILBAO

O pasado domingo fomos de excursión a Santiago de Compostela a ver, no Pavillón Fontes do Sar, o último partido da fase regular da Liga Endesa (ACB) que xogaba o equipo compostelán co equipo de Bilbao: BLUSENS MONBÚS OBRADOIRO - UXUE BILBAO BASKET.            

O Obradoiro precisaba a victoria e que o Unicaja de Málaga perdera contra o Barça para poder entrar nos playoffs, e todo se cumpriu! Este venres xa comezan os play offs polo título da liga e o Obradoiro enfrontarase contro o poderoso Real Madrid. É difícil, mais non imposible!
 
Durante o partido o equipo que estivo a pé de pista foi o benxamín, mentres que o resto situouse na parte superior das bancadas. Durante algúnss tempos mortos do partido os xogadores e xogadoras benxamíns sairon á pista a facer pequenas competicións de entrar a canastra, e se levaron algúns regalos.
Aquí tendes algunhas fotos.
 


12/5/13

BRILLANTE VITORIA DO OBRADOIRO EN VALLADOLID

A extraordinaria actuación do equipo santiagués deixa todo por decidir para a derradeira xornada. O domingo, ás 12:30 horas, unha gran parte dos integrantes do C. B. REDONDELA estaremos en Compostela para animar ao noso máximo representante.

7/5/13

ENTRADAS PARA ACOMPAÑANTES PARA O PARTIDO DO OBRADOIRO

O partido Obradoiro - Bilbao Básquet disputarase o domingo día 19 de maio ás 12:30 horas. O prezo das entradas para os acompañantes será de 15 € e se son nenos/as 10 €. Aquelas persoas interesadas en adquirilas poden dirixirse ás persoas que habitualmente cobran nos adestramentos adxuntando o importe da entrada. O prazo para facelo remata este venres.

6/5/13

PARTIDOS DA FIN DE SEMANA DO 11 E 12 DE MAIO

Temos confirmados os seguintes partidos:

Benxamín mixto:
Venres 10 ás 17:45 horas en Maristas
MARISTAS - C. B. REDONDELA



Alevín mixto:
Sábado 11 ás 12 horas no IES Mendiño
C. B. REDONDELA - CEIP GARCIA BARBÓN


Cadete:
 Sábado 11 ás 16 horas no IES Mendiño
C. B. REDONDELA - C.B. TUI

Sénior masculino:
Sábado 11 a las 18.00h no IES Mendiño
C. B. REDONDELA - C.B.CASELAS