31/1/13

NACE TÁBOAS: A WEB DO DEPORTE GALEGO

Unha nova web adicada ao deporte galego acaba de nacer. Chámase Táboas e nela teñen cabida as novas de baloncesto, fútbol, hóckey, balonmán,...
Paga a pena lela e estar ben informado da actividade deportiva de Galicia. 
 

30/1/13

CARTEL PARTIDOS DA FIN DE SEMANA 2-3 DE FEBREIRO

Esta fin de semana descansan o equipo sénior e os alevíns. Compiten os máis pequenos, os infantís e os cadetes por partida dobre. Sorte a todos/as.

23/1/13

FIN DE SEMANA DE BALONCESTO

Todos os nosos equipos compiten esta fin de semana. Para algúns deles é a xornada que remata a primeira fase. E para os sénior unha nova ocasión de ofrecernos un bo espectáculo no Pavillón do IES Mendiño e continuar coa súa magnífica traxectoria. Agardamos a presenza de moitos siareiros animando aos nosos xogadores.Sorte a todos.


16/1/13

NOVA FIN DE SEMANA DE COMPETICIÓN

Nesta fin de semana só competirán os benxamíns e o equipo sénior. Este último terá un partido importante no CUVI o vindeiro domingo ás 17 horas. Trala súa vitoria da pasada fin de semana contra o C.B. XESTAS xa ocupa o segundo posto na táboa clasificatoria. 
Esta fin de semana agardamos o mellor dos nosos equipos.

10/1/13

REVISTA OFICIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO

Recibimos con moito interese o primeiro número da nova revista oficial da Federación Galega de Baloncesto, medio a través do cal, de xeito trimestral, darán a coñecer as actividades máis relevantes, así como aqueles eventos e iniciativas que poidan ser de interese para todos os federados e afeccionados.
Podedes lela aquí ou descargala. 

9/1/13

VOLVE A COMPETICIÓN ESTA FIN DE SEMANA

Trala paréntese do Nadal volve a competición de baloncesto nas distintas categorías. No cartel que tendes máis abaixo podedes informarvos dos horarios e lugares dos mesmos. Facede clic nel para velo máis grande.
Sorte a todos os equipos.