27/6/13

NAVIA CAMP 2013

Entre os días 15 e 31 de xullo (só de luns a venres) vaise celebrar no pavillón de Navia un campus de baloncesto especializado en minibasquet, é dicir, que o campus está aberto para nenas e nenos de 6 a 12 anos. Os prezos do mesmo serán de 150€ por neno/a, de 125€ por dous nenos/as e de 110€ por tres nenos/as. Estes prezos inclúen o seguro deportivo de cada neno/a e dúas equipacións para participante.


20/6/13

NBA 3X



A praia de Samil acollerá os vindeiros días 13 e 14 de xullo o evento NBA 3X, o cal está co-organizado pola Federación Galega de Baloncesto (FGB). O evento consiste nunha competición 3x3 para maiores de 11 anos. A inscripción é gratuíta pero está limitada a 100 prazas. Para inscribirse face clic aquí.

13/6/13

22/23 XUÑO: FIN DE SEMANA DE BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS



















O sábado 22 de xuño e o domingo 23 de xuño vai ser unha fin de semana moi intensa para o baloncesto en cadeira de rodas: O Club Deportivo AMFIV, un club de baloncesto en cadeira de rodas de Vigo, organiza o día 22 o I Clinic de Baloncesto en Cadeira de Rodas e o día 23 o II Torneo 3X3 de Baloncesto Integral, ó cal se poderá participar como baloncesto en pé ou baloncesto adaptado. Ámbos eventos serán realizados no pavillón de Bouzas.
Para máis información facede clic aquí, e para inscribirvos cubride este documento antes do 20 de xuño e entrgádeo en Deportes One - C./ Teixugueiras 16 ou enviádeo ó enderezo electrónico torneo@cdamfiv.com.

I DÍA DO BENXAMÍN VIGO-AROUSA

O vindeiro sábado 15 de xuño, os nosos benxamíns van participar no I Día do Benxamín Vigo-Arousa. Será  no pavillón de Navia a partir das 10h. A organización corre a cargo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Aquí tendes os calendarios de xogo e o cartel do torneo:





10/6/13

CELEBRAMOS O II TORNEO INTERESCOLAR DE BALONCESTO

Cunha gran participación celebrouse o pasado sábado o II Torneo Interescolar de Baloncesto de Redondela. 
Pola mañá no IES Mendiño participaron os maiores (infantís e cadetes) e pola tarde no Pavillón Municipal os máis pequenos (benxamíns e alevíns). Posteriormente incluiremos algunhas imaxes do mesmo.