O Comité Galego de Árbitros promove a IV convocatoria da temporada para os seus Cursos de Iniciación “on Line”. Esta, aberta a todos aqueles interesados en aproximarse as tarefas de árbitro ou oficial de mesa, levarase a cabo durante 10 días concretos do calendario (20, 21, 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de xaneiro) nos que se articularán aulas virtuais, as cales se cursarán, segundo a elección dos alumnos, en dúas quendas diferentes.
Seguindo o proceder establecido segundo a estratexia didáctica, a carga lectiva repartirase en horario de mañá ou en horario de tarde, e repetindo materia en cada tanda. En total, unha decena de se sesións dunha hora e corenta minutos cada unha.
A presenza física na cancha dos alumnos unicamente será necesaria en tres ocasións (6 horas), ubicándose como pistas de traballo as marcadas polas diferentes delegacións zonais FGB. Posteriormente, a avaliación dos coñecementos virá da man dun test “on line” e dunha imprescindible proba física, ambos de carácter non eliminatorio.
Programación
Regras de xogo, Anotador e Acta, Cronómetro e 24 segundos, Psicoloxía e coñecemento do xogo e iniciación á mecánica arbitral, entre outras, serán as materias sobre as que afondar, optimizando as xa comprobadas posibilidades que o formato “on line” ofrece.

Inscrición
A inscrición nesta IV Convocatoria pode tramitarse a través do enderezo electrónicoarbitros@fegaba.com ou, persoalmente, no departamento arbitral das diferentes Delegacións Zonais FGB.
A inscrición nesta IV Convocatoria pode tramitarse a través do enderezo electrónicoarbitros@fegaba.com ou, persoalmente, no departamento arbitral das diferentes Delegacións Zonais FGB.
Para que o proceso sexa o correcto, presentarase, antes do vindeiro 17 de xaneiro, o formulario de inscrición e o xustificante de pago da cota actual deste tipo de cursos: 20 euros (a ingresar de xeito previo na conta 2100 1455 11 0200136257 de la Caixa).
O CGAB resérvase a posibilidade de non levar a cabo esta IV convocatoria se o número de alumnos inscritos non supera os 20.