6/3/14

"Aula Formativa do Adestrador Galego"

Estimad@s Adestradores.

Achegamos información relativa a unha nova convocatoria da "Aula Formativa do Adestrador Galego", a celebrar neste caso o vindeiro domingo, 16 de marzo, en Boiro (instalacións do Club Santa Baia)

A sesión didáctica correrá a cargo de Jordi Aragonés, preparador físico da Selección Española Sénior Feminina, Campioa de Europa o pasado verán.

Toda a información da súa Charla, a cal poderase validar por 3 HORAS de formación para todos aqueles alumnos dos Cursos de Iniciación Nivel 1 e Nivel 2 FGB, podedes consultala na seguinte ligazón:


Agardando que esta nova oferta formativa sexa do voso interese e que valoredes a vosa participación, recibide un cordial saúdo.

-- 
Atentamente

Club do Adestrador Galego
clubdoadestrador@fegaba.com

0 comentarios:

Publicar un comentario