20/11/15

I XORNADAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NAS REDES SOCIAIS CONCELLO DE REDONDELA 25 DE NOVEMBRO 2015

          I XORNADAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NAS REDES SOCIAIS.
                     CONCELLO DE REDONDELA 25 DE NOVEMBRO 2015

 17:00 – 17:15 Presentación

 17:15 – 18:30 Conferencia Relator: Don Santiago Martín Pardo Policía encargado da cibervixilancia nas provincias de Ourense e Pontevedra. Fomentar usos, contidos, aplicacións e servizos tecnolóxicos que garantan unha navegación segura resulta prioritario para toda a comunidade educativa xa que a nosa vida cada vez xira máis en torno a tecnoloxía.

18:30 – 18:45 Descanso

18:45 – 19:30 Obradoiro “control parental” Descrición: uso seguro de internet e redes sociais. A finalidade deste será guiar a quen asiste a protexer aos nenos e nenas dos riscos potenciais da navegación pola internet, nomeadamente nas redes sociais. Para acadar este obxectivo, os/as adultos/as van aprender a usar as ferramentas de protección e control que tanto Windows coma Facebook ofrecen. Monitora: Sonia González González: Enxeñeira informática pola Universidade de Vigo.

19:30 – 20:15 Obradoiro “o termómetro” Descrición:Esta actividade consiste na exposición de diferentes casos nos que se poidan detectar riscos de violencia de xénero nas redes sociais. Para isto, empregarase unha cinta vermella que simule un termómetro no que se determinarán os grados de cero a 100 en cada un dos extremos, de forma que os pais e nais deberán situarse na cinta en función do grado de violencia que implique cada caso.
Monitores: Ángeles Ceballos Rivera: Graduada en Maxisterio especialidade educación primaria na Universidade de Vigo. Álvaro Núñez Estévez: Licenciado en Pedagoxía na USC e Diplomado en Maxisterio especialidade educación primaria no CEU de Vigo. Jacqueline Míser Lago: Directora e coordinadora de actividades de ocio e tempo libre educativo. Gran experiencia en charlas e obradoiros sobre violencia de xénero e ciberbullying.

20:30 Saída

Organizado por: Roxana Cameselle Padín Ángeles Ceballos Rivera Paula Fernández Alonso Vanesa Fernández Campos Sonia González González Jacqueline Miser Lago Jose Andrés Noya Guerrero Álvaro Núñez Estévez M Soledad Pérez Andrés Marta Regueira Pérez Nerea Rodríguez Alonso Marian Rodríguez Barcia Lara Sanmiguel Salgado Coordinadora: Sara Villar Vázque

0 comentarios:

Publicar un comentario