Mañá, sábado
10 de decembro, terá lugar no
pavillón do IES Mendiño a partir das
18:30h o
Acto de Presentación do club da tempada 2011/12. Os xogadores deberán estar ás
18:00h. Será unha velada onde presentaremos os nosos xogadores e as nosas xogadoras, todos os equipos do club, todos os adestradores faremos a foto de familia... entre outros. Ademáis a presidenta
Dª Sonia Tobío e o Concelleiro de Deportes do Concello de Redondela
Jesús Crespo dedicarannos unhas palabras a todos os asistentes. Tamén teremos a presenza dun
fotógrafo do Faro de Vigo e posteriormente un artigo no suplemento de dito xornal
"Campeones".
Despois do acto (está previsto que dure menos dunha hora) celébrarase o partido do equipo sénior masculino
CB REDONDELA VS. ESTUDIANTES, ás 20:00h. Tódolos xogadores e tódalas xogadoras estarán presentes no partido animando ó equipo, polo que esperamos que lle sirva de motivación ó equipo.
No descanso do partido, sortearemos unha
Cesta de Nadal, e posteriormente
colgaremos no blog a rifa gañadora. No caso de que o gañador ou gañadora non estivese presente no Acto, deberá poñerse en contacto con nós do xeito que anunciemos na entrada onde colguemos a rifa gañadora.
Por suposto que estades todos/as convidados a ir!!!! Deixámosvos co cartel: