Tendes aquí á vosa disposición a xornada ao completo a disputar esta fin de semana polos nosos equipos. Debemos salientar na mesma o debut dos máis pequenos do club, que van participar no Torneo Baby no Pavillón de Navia o sábado pola tarde.
Se facedes clic no cartel podedes velo en tamaño grande.28/11/12
CURSOS DE INICIACIÓN DE ADESTRADORES
A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Área de
Adestradores, realiza a convocatoria dos seus cursos de iniciación de adestradores 2012 -
2013. Na Delegación Viguesa celebrarase no mes de decembro. As persoas interesadas xa poden inscribirse posto que é preciso ter 15 apuntados como mínimo, para a realización do mesmo.
Toda a información esta á vosa disposición se facedes clic na imaxe.
27/11/12
TORNEO "BABY" ESTA FIN DE SEMANA
Na tarde do sábado debutarán os máis pequenos do club. Farano na "I Jornada convivencia DKV Baby" a celebrar a partir das 16 horas no Pavillón de Navia (Vigo).
Despois todos os asistentes poderán presenciar o encontro da Liga Feminina 2 de Baloncesto que disputará o Celta de baloncesto e o Universidad de Oviedo.
Se fas clic no cartel podes facelo máis grande.
20/11/12
O SÁBADO VOLVEU O BALONCESTO A REDONDELA
O equipo sénior volveu xogar na casa o sábado día 24 de novembro. Nesta ocasión visitounos o Estudiantes de Pontevedra. Os nosos xogadores obtiveron unha nova victoria continuando coa súa boa traxectoria na liga.
19/11/12
INFORME SOBRE A OBESIDADE INFANTIL: COMO ATACALA
Neste artigo da área médica da Federación Española de Baloncesto trátase un dos problemas da sociedade actual: o da obesidade infantil. Analízanse as causas, tamén os erros máis frecuentes que cometemos na alimentación infantil e danse consellos para combater este problema. A súa lectura é moi interesante.
AQUÍ REPRODUCIMOS OS 10 CONSELLOS PARA COMBATER A OBESIDADE INFANTIL
1. Efectuar un almorzo completo con leite, cereais, zumes naturais, xamón de York, pavo ou queixo.
2. Comer polo menos 5 pezas de froita repartidas ao longo do día.
3. Levar unha dieta variada que inclúa todos os grupos de alimentos: verduras, peixes, carnes, legumes,….
4. Consumir auga ao longo de todo o día.
5. Tomar zumes naturais de froita.
6. Efectuar 5 comidas ao día, distribuíndo a inxesta en función das necesidades enerxéticas.
7. Realizar actividades físicas diferentes á educación física do colexio.
8. Substituír as lambetadas por froita e/ou iogures.
9. Cear pronto para deitarse coa dixestión feita.
10. Respectar os horarios de comidas, xogos e descanso nocturno.

14/11/12
PARTIDOS DA XORNADA 17/18 DE NOVEMBRO
SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo E | 5ª Xornada):
· RÍAS BAIXAS 'B' VS CB REDONDELA
- Lugar: Pavillón do Berbés.
- Hora: Sábado 17 ás 20h.
· RÍAS BAIXAS 'B' VS CB REDONDELA
- Lugar: Pavillón do Berbés.
- Hora: Sábado 17 ás 20h.
CADETE MASCULINO (2ª División - Grupo E (1) | 7ª Xornada):
· APÓSTOL VS CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Apóstol Santiago.
- Hora: Domingo 18 ás 12h.
INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo E (2) | 5ª Xornada):
· COMPAÑÍA DE MARÍA VS CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Compañía de María.
- Hora: Sábado 17 ás 10h.

ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo C | 2ª Xornada):
· LOS SAUCES VS CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Los Sauces.
- Hora: Sábado 17 ás 12h.
· LOS SAUCES VS CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Los Sauces.
- Hora: Sábado 17 ás 12h.
BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo B | 2ª Xornada):
· CB REDONDELA VS MARISTAS 'B'
- Lugar: Pavillón de Reboreda.
- Hora: Sábado 17 ás 12h.
· CB REDONDELA VS MARISTAS 'B'
- Lugar: Pavillón de Reboreda.
- Hora: Sábado 17 ás 12h.
SORTE A TODOS OS EQUIPOS!!!
(fai clic se queres velo máis grande)
11/11/12
TARDE DE BALONCESTO
Onte sábado tivemos unha tarde de baloncesto en Redondela. Os equipos cadete, infantil e sénior disputaron os seu partidos no IES Mendiño ante preto de cen espectadores.
O equipo sénior ofreceu unha nova vitoria aos cada vez máis numerosos siareiros. Tamén é salientable o debut esta fin de semana dos equipos alevín e prebenxamín.
7/11/12
PARTIDOS DA XORNADA 10/11 DE NOVEMBRO
Comeza a competición para os equipos máis pequenos.
Se facedes clic no cartel podedes ver os distintos horarios, lugares e rivais en cada unha das categorías.
Este sábado ás 20 horas, o equipo sénior do Club Baloncesto Redondela enfróntase ao C.B.C. Eléctrica Sestelo. Agardamos a presenza de moitos seguidores no IES Mendiño para animar aos nosos.
O RÁCING CLUB CHAPELA PROCLÁMASE CAMPIÓN GALEGO DE BALONCESTO
O Rácing Club Chapela proclamouse onte Campión de Galicia de Baloncesto para deportistas discapacitados intelectuais. Con esta vitoria, o equipo do noso concello clasifícase para disputar o Campionato de España.
Os integrantes del equipo gañador foron José Gorrita, Francisco Somoza, David Riobo, Miguel Rei, José Barral, David Muñoz, Sergio Rodriguez, Cristian Sanjuas e José Luis Ezama.
Noraboa dende o Club Baloncesto Redondela.
Máis información en:
http://racingchapela.blogspot.com.es

CONCURSO FOTOGRÁFICO EN REDONDELA
A asociación cultural "Obradoiro de Estudos
Locais Fernando Monroy" anuncia a apertura do prazo do VII concurso de
fotografía.
A temática do traballo é libre.O prazo de recepción das fotografías remata o 25 de Novembro.
O enderezo de entrega será no Circulo Cultural Deportivo de Cesantes:
Estrada Cesantes nº 28 CP 36693 Cesantes - Redondela.
As bases podense consultar na web www.estudoslocais.org

Animamos a todos os seguidores do blog e do baloncesto a participar neste concurso.
1/11/12
PARTIDOS DA XORNADA 3/4 DE NOVEMBRO
Este fin de semana só xogan os infantís, xa que os séniors non teñen liga e ós cadetes tocalles descansar dentro da súa. Previamente, os infantís e cadetes do Club xogaron un amistoso entre eles:
CADETE E INFANTIL MASCULINO (Partido amistoso | nº 1):
· CADETES CB REDONDELA VS. INFANTÍS CB REDONDELA
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño (Redondela).
- Hora: Xoves 1 ás 19h.
INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo E (2) | 3ª Xornada):
· CB REDONDELA VS. SEIS DO NADAL 'C'
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño (Redondela).
- Hora: Domingo 4 ás 12h.