Todos os nosos equipos compiten esta fin de semana. Para algúns deles é a xornada que remata a primeira fase. E para os sénior unha nova ocasión de ofrecernos un bo espectáculo no Pavillón do IES Mendiño e continuar coa súa magnífica traxectoria. Agardamos a presenza de moitos siareiros animando aos nosos xogadores.Sorte a todos.
Nesta fin de semana só competirán os benxamíns e o equipo sénior. Este último terá un partido importante no CUVI o vindeiro domingo ás 17 horas. Trala súa vitoria da pasada fin de semana contra o C.B. XESTAS xa ocupa o segundo posto na táboa clasificatoria.
Esta fin de semana agardamos o mellor dos nosos equipos.
Recibimos con moito interese o primeiro número da nova revista oficial da
Federación Galega de Baloncesto, medio a través do cal, de xeito trimestral, darán a coñecer as actividades máis relevantes, así como aqueles
eventos e iniciativas que poidan ser de interese para todos os federados e
afeccionados.
Trala paréntese do Nadal volve a competición de baloncesto nas distintas categorías. No cartel que tendes máis abaixo podedes informarvos dos horarios e lugares dos mesmos. Facede clic nel para velo máis grande.