O vindeiro sábado día 23, as 20 horas, o equipo sénior disputará a derradeira xornada da liga regular. Terá como rival ao FISIOMIÑO XESTAS.
Agardemos que o noso equipo remate a súa estupenda fase regular ofrecéndonos un gran partido.
21/3/13
18/3/13
II TORNEO SEMANA SANTA C.B.AIREXA - CONCELLO DE NIGRÁN
Os días 22 e 23 de marzo os equipos máis pequenos do club, van participar no II Torneo de Baloncesto Semana Santa C. B. Airexa - Concello de Nigrán.
O 22 pola tarde participarán os prebenxamíns de 17:30 a 18:40 horas.
O 23 pola mañá será a quenda dos benxamíns de 10:30 a 14 horas.
Finalmente os alevíns intervirán na xornada de tarde de 16:30 a 20 horas.
Será, novamente, unha gran festa do baloncesto para todas e todos os participantes.
12/3/13
III CURSO ON LINE DE ÁRBITROS E OFICIAIS DE MESA
Ante a demanda que recibiu o Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB) de persoas que querían ser árbitros/as e/ou oficiais de mesa, o CGAB decidiu realizar o III Curso on line de árbitros e oficiais de mesa. Comezará o vindeiro luns 18 de marzo, e o prazo de inscripción remata xa este venres 15. Para poder inscribirse é preciso abonar unha cantidade de 10€ no número de conta de La Caixa 2100-1455-11-0200136257 da Federación Galega de Baloncesto e cubrir a ficha que adxuntamos nesta entrada. Animádevos a formar parte do colectivo arbitral galego!