Mostrando entradas con la etiqueta LIGA LINCO XL 2011. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LIGA LINCO XL 2011. Mostrar todas las entradas

12/5/11

8ª E ÚLTIMA XORNADA DA LIGA LINCO XL 2011

Este próximo venres 13 de Maio celebraráse no Pabellón Municipal de Balaídos a última xornada da Liga Linco XL 2011. Os partidos serán os seguintes:

- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS PIÑEIROS BALAÍDOS ás 18:05h na pista 1.
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS LOBISOMES BALAÍDOS ás 18:40h na pista 1.

Estades todos convidados a ir!!

10/3/11

3ª XORNADA DA LIGA LINCO XL

Este venres día 11 de marzo xogarase en Balaídos a 3ª xornada da Liga Linco XL 2011 cos seguintes partidos, respectivas pistas e respectivas horas:
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS PIÑEIROS BALAÍDOS ás 18:05 h na pista 1.
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS LOBISOMES BALAÍDOS ás 18:40 h na pista 1.

Estades todos convidados a ir! E recordade que toda a información que queredes e máis na ZONA LIGA LINCO XL 2011!

26/2/11

RESULTADOS DA 2ª XORNADA DA LIGA LINCO XL 2011

A 2ª xornada da liga Linco XL 2011 foi a máis emocionante que tivemos:

- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. AS SOBREIRAS BALAÍDOS: 2-12.
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. AS CASTAÑAS BALAÍDOS: 16-14.
No primeiro partido non andivemos tan ben, como se reflicte no resultado, pero no segundo xa empezamos gañando nós cunha canastra de dous puntos, e malia que os outros xogadores non xogaron mal, nós estivemos máis atinados, non deixamos escapar a victoria e notouse que os xogadores/as do club pasárono xenial!
Deixámosvos coas fotos e a táboa clasificatoria da xornada, e recordade que toda a información que queredes e máis na ZONA LIGA LICO XL 2011.



24/2/11

2ª XORNADA DA LIGA LINCO XL

Este próximo venres día 25 de Febreiro vaise disputar a 2ª xornada da 2ª liga Linco XL. Os partidos que xogaremos serán os seguintes:
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. AS SOBREIRAS BALAÍDOS ás 18:05 h na pista 1.
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. AS CASTAÑAS BALAÍDOS ás 18:40 h na pista 1.

Os xogadores/as e adestradores/as teñen que estar ás 17:55 h alí (baixo 18 de Balaídos).
Estades todos/as convidados a ir!
Recordámosvos que toda a información que queredes e máis na ZONA LIGA LINCO XL 2011.

5/2/11

RESULTADOS DA 1ª XORNADA DA LIGA LINCO XL 2011

A 1ª xornada da liga Linco celebrouse onte no pabillón municipal de balaídos, e xa temos os resultados:

- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS LOBISOMES BALAÍDOS: 12-2.
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS ESQUÍOS BALAÍDOS: 8-18.
A xornada resúmese nunha victoria e nunha derrota, pero esperamos que en próximos días a xornada sexa soamente positiva! Deixámosvos coa foto da nosa xornada e a táboa clasificatoria:





Recordade que toda a información que queredes e máis na ZONA LIGA LINCO XL 2011.

3/2/11

1ª XORNADA DA LIGA LICO XL

Este ano, os infantís e cadetes do noso club, entraron na xa coñecida "Liga Linco XL" (organizada polo Seis do Nadal - Coia). As xornadas comezarán este venres 4 de febreiro no pabillón municipal de Balaídos (concretamente no baixo 18) e se xogarán cada dous venres ata a úlima xornada que será o 13 de maio. Ademáis este ano temos un novo nome para a Linco: Este ano chamámonos "OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA" seguindo así as pautas do tema de este ano, a fauna e a flora.
Os partidos do seguinte venres 4 son:
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS LOBISOMES BALAÍDOS. Xogaráse ás 18:05 h na pista 1.
- OS SENDEIROS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS ESQUÍOS BALAÍDOS. Xogaráse ás 18: 40 h na pista 1.

Estades todos convidados a ir, e recordade que toda a información que queredes e máis na ZONA LIGA LINCO XL 2011.

27/1/11

INCORPORACIÓN DO NOSO CLUB Á LIGA LINCO XL

O ano pasado o noso club incorporouse á Liga Linco, pero en categoría mini. Este ano os cadetes e infantís do noso club incorporaránse á Liga Linco XL. A liga terá duración similar á do ano pasado, pero a diferenza da Linco normal, a XL se xoga cada dous venres.
Imos crear unha zona titulada "ZONA LIGA LINCO XL 2011" similir á do ano pasado para tervos informados de localización, partidos, resultados, xogadores/as participantes... Toda a información que queredes e máis!
Polo de agora ímosvos adiantar algunhas cousas: A presentación da liga será mañá venres 28 de Xaneiro no pabellón de Navia ás 16:15 h, pero os xogadores/as deben estar ás 16:00 h alí.
Ímos finalizar esta entrada deixándovos os venres nos que haberá Liga Linco (a XL vén ó final), e cunha localización en 3D do lugar onde se xogarán os partidos (Baixo 18 de Balaídos):

Cronogramas Ligas Linco Linorsa 2011


Visualizar o mapa ampliado

Seguide este enlace para acceder á ZONA LIGA LINCO XL 2011