Ao igual que na pasada tempada, vaise realizar unha presentación de todos os equipos do Club Baloncesto Redondela. Terá lugar o
sábado día 15 de decembro no IES Mendiño a partir, probablemente, das 18 horas. Nela participarán todos os xogadores e adestradores do club. Haberá sorteos para os socios.
CARNÉS DE SOCIOS
O
día 11 de decembro é o derradeiro no que se poden entregar os cartos correspondentes á venda de carnés. Tamén a listaxe cos nomes dos novos socios/as. Deben facelo a Paula Ou Magdalena.
PETICIÓN DE NOVOS SUADOIROS E PANTALÓNS
Aquelas
persoas que queiran mercalos teñen de prazo para facelo
ata o día 15 de
decembro. Os impresos poden solicitarllos a Magdalena ou Paula. Tamén
pode descargarse facendo clic
máis abaixo.
SEGUNDA NOTA SUADOIRO E PANTALÓN