27/5/10

OUTRO TORNEO MÁIS!

Este sábado ímos ir ó colexio Maristas de Vigo para xogar un torneo. Seguramente esteamos alí sobre as 9:30h. Tendes aquí a entrada ás pistas en 3D, e logo o documento da xornada feito polo colexio Maristas (na zona de equipos participantes saímos de cor laranxa, e no calendario de partidos, de cor azul):


Visualizar o mapa ampliado

Torneo polo día do Minibasket 2010 no Colexio Maristas de Vigo

ACTO DE CLAUSURA DA LIGA LINCO

Mañá, 28/5/10, celebrarase nas pistas de Balaídos o acto de clausura da Liga Linco. Estaremos alí sobre as 16:15h.
Con respecto ós vídeos, non vos preocupedes por eles, xa se colgarán. E que agora coa organización das xornadas de portas abertas... Non chagamos a todo!!

24/5/10

XORNADA DE PORTAS ABERTAS DO NOSO CLUB

O noso club está a organizar unhas xornadas de portas abertas para que veñas probar ó baloncesto, e se che gusta, vir xogar connosco a tempada que ven. Poderás vir se cursas entre 1º de primaria e 4º de ESO. Serán os días 5 e 12 de xuño: O 5 será para primaria de 10 a 13 h no CEIP LAREDO, e o día 12 será no IES CHAPELA para ESO ás mesmas horas. Poderaste inscribir no correo electrónico cbalexandreboveda@gmail.com e terás como prazo máximo de inscripción ata o día 2 de xuño para primaria e 9 de xuño para ESO. Na túa inscripción deberás incluir nome e apelidos, data de nacemento, teléfono ou móbil, correo electrónico, nome do centro educativo e curso. Aquí tendes os lugares onde se van realizar as actividades en 3D, e ó final o cartel que empregamos para difundir esta actividade, que podedes poñer a difundir:

IES CHAPELA (Dende a avenida de Redondela):

Visualizar o mapa ampliado

IES CHAPELA (Dende outro plano):

Visualizar o mapa ampliado

CEIP LAREDO: