23/10/10

INCORPORACIÓN DO NOSO CLUB A UNHA LIGA OFICIAL

Unha das cousas polas cales o noso club está crecendo e porque vamos a participar oficialmente nunha das ligas da FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO. Cando saibamos máis noticias, calendarios... crearase unha nova sección no blog semellante á ZONA LIGA LINCO 2010. Os xogadores que xogaran serán un conxunto formado por xogadores e xogadoras de Chapela e Cesantes.
Por agora é o que podemos dicir, máis adiante teremos máis cousas...

OS ADESTRAMENTOS DE ESTA NOVA TEMPADA

En anteriores entradas dixemos que máis adiante íbamosvos comentar como ía crecer o club. Pois ben, este ano ímos ter tres equipos:
  • Equipo de Chapela:
- Lugar de adestramento: CEIP Alexandre Bóveda (Chapela).
- Horarios: Luns de 16h a 17h e Mércores de 16:45 a 17:45.
- Adestradora: Paula
  • Equipo de Cesantes:
- Lugar de adestramento: CEIP Outeiro das Penas (Cesantes).
- Horarios: Xoves de 16:30h a 18:30h.
- Adestradores: Brais e Carlos.
  • Equipo de Laredo:
-Lugar de adestramento: CEIP Laredo.
-Horarios: Mércores de 15:45h a 16:45h.
-Adestradores: Brais (Outro), Miguel e Abraham.

Esta tempada, como xa vos diciamos, o noso club farase máis grande pouco a pouco, e recordade que se vos queredes anotar estades a tempo, só tendes que enviarlle unha mensaxe a nosa adestradora ó enderezo electrónico cbalexandreboveda@gamail.com

1.000 VISITAS!!!!

O noso blog recibiu nestes días a súa visita 1.000!! Estamos moi contentos de ver que vos animades a seguir vendo este blog. Esto se puido conseguir grazas a vós, por eso queremos felicitarvos dende o noso CLUB DEPORTIVO ALEXANDRE BÓVEDA-BALONCESTO.
Se recordades, este blog foi creado a comezos da tempada pasada, e agora estamos a comezos de outra, eso quere dicir que tardamos un ano en chegar ás mil visitas, pero nós estamos moi contentos, se temos en conta que somos un club recente e aínda estamos crecendo, e se queredes saber de como crecemos, estade atentos as seguintes entradas, estarán cargadas de sorpresas e novidades.
GRAZAS!