Mostrando entradas con la etiqueta LIGA LINCO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LIGA LINCO. Mostrar todas las entradas

3/9/10

RESULTADOS RESTANTES DA LIGA LINCO 2010

-Xornada 10:
  • OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS APÓSTOLOS BALAÍDOS: 12-16
  • OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS CABALÑOS DE BUXO FLÉMING: 14-4
-Xornada 11: NON XOGAMOS.

-Xornada 12:
  • OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS RETRANQUEIROS ILLAS CÍES: 24-22
  • OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS BIOSBARDOS SEIS DO NADAL: 18-8
-Xornada 13:
  • OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS CELSIÑOS CELSO E. FERREIRO: 14-4
  • OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS PEREGRINOS BERBÉS: 14-12
-Xornada 14:
  • OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS TRASNOS PINTOR LAXEIRO: 16-6
  • OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS BIOSBARDOS SEIS DO NADAL: 12-14
-Xornada 15: NON XOGAMOS.

Para finalizar, aquí tendes a última táboa clasificatoria colgada polo CB SEIS DO NADAL - COIA, no seu blog. Esta táboa indica que quedamos de terceiros, pero quedaramos como quedaramos, NORABOA Ó NOSO CLUB POR MELLORAR TANTO DURANTE O PERÍODO QUE DUROU A LIGA!!!!

27/5/10

ACTO DE CLAUSURA DA LIGA LINCO

Mañá, 28/5/10, celebrarase nas pistas de Balaídos o acto de clausura da Liga Linco. Estaremos alí sobre as 16:15h.
Con respecto ós vídeos, non vos preocupedes por eles, xa se colgarán. E que agora coa organización das xornadas de portas abertas... Non chagamos a todo!!

27/4/10

INFORMACIÓN DA 10ª XORNADA DA LIGA LINCO

Sentímos o retraso con respecto os vídeos e os resultados. Teredes os resultados e os vídeos a semana que ven ou antes, ó igual que a 11 e a 12 (xornadas). A 11 non a xogamos.

15/4/10

9ª XORNADA DA LIGA LINCO

Aquí tendes os resultados, pero ademais, e exclusivamente neste blog e do noso club, poderedes ver os partidos da Linco grabados por nós. Estes estan en youtube, pero os enlaces terédelos aquí. Se queredes podedes visitar a nosa canle de youtube: www.youtube.com/user/cdalexandreboveda.

- OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS BIOSBARDOS SEIS DO NADAL: 14-14 Foi un partido moi reñido, no que xogamos co anfitrión da Linco. Ó final empatamos por pouco.


Como podedes ver, unha das fotos son Brais e Miguel da humilde peña do angorén, animando. Recordámosvos que todas as fotos son sacadas do blog do Seis do Nadal.

- OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS PEREGRINOS BERBÉS: 12-10
A verdade e que está foi a noso mellor xornada, empatando un partido e gañando o outro.
Lenda: PX: Partidos Xogados, PG: Partidos Gañados, PP: Partidos Perdidos, PE: Partidos Empatados, XL: Xogo Limpo, PTOS: Puntos.
Aproveitamos para dicirvos que na ZONA LIGA LINCO atoparedes toda a información que queredes e máis.
E aquí tendes os vídeos do prtido que xogamos contra OS BIOSBARDOS SEIS DO NADAL. Hai 3 partes:





8ª XORNADA DA LIGA LINCO

Aquí tendes os resultados!!:
- OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS TRASNOS PINTOR LAXEIRO: 28-8
- OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS CELSIÑOS CELSO E. FERREIRO: 10-22

Lenda: PX: Partidos Xogados, PG: Partidos Gañados, PP: Partidos Perdidos, PE: Partidos Empatados, XL: Xogo Limpo, PTOS: Puntos.
Aproveitamos para dicirvos que na ZONA LIGA LINCO atoparedes toda a información que queredes e máis.


21/3/10

6ª XORNADA DA LIGA LINCO

Xa temos os resultados!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
- OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS PEREGRINOS BERBÉS: 18-14 Gañamos!!!!!!
- OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS RETRANQUEIROS ILLAS CÍES: 12-22 ...
E agora a clasificación:

Lenda: PX: Partidos Xogados, PG: Partidos Gañados, PP: Partidos Perdidos, PE: Partidos Empatados, XL: Xogo Limpo, PTOS: Puntos.
Aproveitamos para dicirvos que na ZONA LIGA LINCO atoparedes toda a información que queredes e máis.

9/3/10

5ª XORNADA DA LIGA LINCO

O pasado venres 5 de marzo celebrouse nas pistas de Balaídos a 5ª xornada da Linco. Aquí tendes os resultados do noso equipo (que xa adiantamos que non foi precisamente a nosa mellor xornada), a clasificación e polo medio de todo fotos:
- OS CABALIÑOS DE BUXO FLÉMING V.S. OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA : 22 - 20.

- OS APÓSTOLOS BALAÍDOS V.S. OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA: 20 - 16.


Lenda: PX: Partidos Xogados, PG: Partidos Gañados, PP: Partidos Perdidos, PE: Partidos Empatados, XL: Xogo Limpo, PTOS: Puntos.
Aproveitamos para dicirvos que na ZONA LIGA LINCO atoparedes toda a información que queredes e máis.



3/3/10

REANUDACIÓN DA LIGA LINCO

Despois de dúas xornadas sen xogar (unha por que descansabamos e outra por suspensión por mal tempo) reanudaremos os partidos o venres 5 de marzo contra OS CABALIÑOS DE BUXO FLÉMING ás 17:10 na pista dous e contra OS APÓSTOLOS BALAIDOS ás 17:35 na pista 3.
Esperamosvos ver alí, e recordade que na ZONA LIGA LINCO atoparedes toda a información que queredes e máis.

25/2/10

SUSPENDESE A 4ª XORNADA DA LIGA LINCO

Debido as prediccións meteorolóxicas, suspendese a 4ª xornada da LIGA LICO prevista para o Venres 26 de febreiro do 2010, xa que aparte das prediccións meteorolóxicas a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia decidiu suspender as programacións dos Xogos Deportivos Escolares (XOGADE), incluíndo a LIGA LINCO 2010. Informarémosvos do que pasará con está xornada cando saibamos máis cousas.

Dende o CB ALEXANDRE BÓVEDA, queremosvos pedir precaucións, xa que o próximo sábado 27 de febreiro, vai pasar por Galicia (en principio) unha CICLOXÉNESE EXPLOSIVA, que xa polo nome asusta. Vai ser un temporal de vento moi intenso, con refachos de ata 140 km/h, similar ou peor ó do Klaus, que foi un que houbo o ano pasado. Así que vos pedimos que autosuspendades vos o partidillo de baloncesto dos sábados, pero en xeral que non só que non saiades a xogar un partido de baloncesto, se non que non saiades da casa.

21/2/10

3ª XORNADA DA LIGA LINCO

Nesta 3ª xornada non xogamos, pero aínda así, ímosvos ensinar a clasificación, pero tede en conta que hai equipos que levan máis partidos xogados que nós, e por iso pasamos de terceiros a...:
Lenda: PX:Partidos xogados, PG: Partidos ganados, PP: Partidos perdidos, PE: Partidos empatados, XL: Xogo Limpo e PTOS:puntos.
Aproveitamos para dicirvos que na ZONA LIGA LINCO, atoparedes toda a información que queredes, e máis!!

15/2/10

2ª XORNADA DA LIGA LINCO

O pasado venres 12 de febreiro, celebrouse a 2ª xornada da liga Linco. Este é o resumo dos partidos do noso equipo:- OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS CELSIÑOS CELSO E. FERREIRO: 19-9.
- OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS RETRANQUEIROS ILLAS CÍES: 20-22.
Malia que o primeiro partido gañamolo con dez puntos de vantaxe, o segundo perdémolo de dous puntos, pero tendo en conta que é a nosa primeira liga, e que xa xogaramos contra este equipo na xornada anterior perdendo de dez puntos, está bastante ben. Se voltamos xogar contra este club xa veremos que pasa... jajaja.
Por toda a entrada podedes ver fotos da xornada do noso equipo e rematamos coa clasificación, que estamos moi contentos, xa que vamos de terceiros e é a nosa primeira liga:

Lenda: PX:Partidos xogados, PG: Partidos ganados, PP: Partidos perdidos, PE: Partidos empatados, XL: Xogo Limpo e PTOS:puntos.
Aproveitamos para dicirvos que na ZONA LIGA LINCO, atoparedes toda a información que queredes, e máis, e que o próximo Venres non xogaremos, o seguinte será o Venres 26.

6/2/10

1ª XORNADA DA LIGA LINCO

O pasado Venres 5 de febreiro xogamos á 1ª xornada da liga Linco. Os partidos foron os seguintes:
- "OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA" contra "OS RERANQUEIROS ILLAS CÍES" Perdimos nós 23-13 según o SEIS DO NADAL.
- "OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA" contra "OS CABALIÑOS DE BUXO FLEMING". Deste partido si sabemos os resultados: Gañamos nós 34-26 según o SEIS DO NADAL
Para ser a nosa primeira liga e a nosa primeira xornada, non estivo nada mal.
Podedes ver as fotos do noso na xornada por toda a entrada, sacadas da páxina web do SEIS DO NADAL,
Que saibades tamén que na columna da dereita atoparedes no apartado "ZONA LIGA LINCO", toda a información que queredes e máis.

E para rematar deixamosvos cunha imaxe coa clasificación da xornada:
Lenda: PX:Partidos xogados, PG: Partidos ganados, PP: Partidos perdidos, PE: Partidos empatados, XL: Xogo Limpo e PTOS:puntos.
Aproveitamos para dicirvos que na ZONA LIGA LINCO, atoparedes toda a información que queredes, e máis.

1/2/10

AND THE BIG CAMBIO IS...

E o gran cambio é... ... ... ... ... ... PARTICIPAMOS POR FIN NUNHA LIGA!!!!!!! Dita liga chámase Liga Linco, organizada polo Seis do Nadal de Coia. Os partidos son todolos venres nas pistas de Balaídos, pero hai 4 días que descansamos (19 de febreiro, 19 de marzo, 23 de abril, e o 21 de maio) e ditos partidos xa vos iremos informando de cando son. Nós na liga somos "OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA" e xogamos cunha camisola verde oscura que pon C.P.I. CELSO EMILIO FERREIRO, pero somos nós.
O seguinte partido é o venres 5 de febreiro, ás 17:10h, contra "Os Retranqueiros Íllas Cíes",e acto seguido, ás 17:35, xogaremos contra "Os Cabaliños de Buxo Fleming".
Para animar ó noso equipo temos unha "humilde peña" (para máis información mira o noso novo apartado no blog chamado "PEÑA'S ZONE"), e gustaríanos que familiares, seguidores, pais e nais (sobretodo) nos viñésedes animar, pero iso sí, alí hai que berrar eh!!! jejeje. Estaremos situados "nun alto" que hai nas pistas (cando cheguedes xa o recoñeceredes). Por certo, se a xente que veña ten algo para animar (megáfono, bombo, bocinas...) estaremos encantados de que o traia.
Ben, se alguén ten alguna dúbida, pode comunicarse con nós a través do noso enderezo electrónico (cbalexandrebovedachapela@mail.com).
Antes, unha cousa: Como podedes observar cambiamos a cabeceira do blog. A foto da dereita embaixo é a da liga. Pode que tamén observedes que 3 dos máis maiores non están na foto da liga. Eso é porque eles xa pasan de categoría, e non poden xogar. Eles son parte da peña que vos comentamos antes.
Agradecemos a vosa colaboración.