Mostrando entradas con la etiqueta PARTIDOS AMISTOSOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PARTIDOS AMISTOSOS. Mostrar todas las entradas

27/4/12

PARTIDOS DA XORNADA 28/29 DE ABRIL

Aquí tendes os partidos desta xornada 28/29 de abril. O equipo infantil masculino, ó igual que o equipo sénior masculino hai dúas semanas, comeza nesta xornada a fase clasificatoria tras rematar a fase regular. Poderán obtar a clasificarse entre os postos 72 e 78 a nivel do sur de Galicia. O equipo sénior masculino continúa cos seus cruces nesta xornada. As rapazas do equipo alevín mixto van xogar un amistoso nesta xornada, debido a que tamén rematou a fase regular da súa liga e están á espera do comezo da fase clasificatoria. Os benxamín continúan coas últimas xornadas da fase regular da súa liga, e para rematar, os máis pequenos do club van xogar varios partidos amistosos durante a mañá do sábado:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Fase Clasificatoria 31º-36º Sur | 3ª Xornada):


· CB REDONDELA 44 VS. CHURRASQUERÍA HAMBURGUESERÍA ORLY 47
- Lugar:
Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Domingo 29 ás 19:00h (xogadores ás 18:15h).

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Fase Clasificatoria 72º-78º Sur | 1ª Xornada):

· CB REDONDELA 46 VS. CARMELITAS ACEITES ABRIL (de Ourense) 59
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 28 ás 20:00h (xogadores ás 19:15h).


ALEVÍN FEMENINO (Partido amistoso | nº 1):


· CASTRO SAN MIGUEL VS.
CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Castro San Miguel.
- Hora: Venres 27 ás 17:30h (xogadoras ás 17:00h)

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 15ª Xornada):

·
CB REDONDELA 36 VS. MARISTAS B 22
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Sábado 28 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

PREBENXAMÍN MIXTO (Partidos amistosos):

·
CB REDONDELA VS. VARIOS EQUIPOS
- Lugar: Colexio Maristas El Pilar.
- Hora: Sábado 27 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

11/11/11

PARTIDOS DA XORNADA 12/13 DE NOVEMBRO

Este fin de semana continúan as ligas do equipo infantil masculino e do equipo sénior masculino. Ademáis celébrase tamén un partido amistoso do equipo alevín mixto a continuación do encontro dos infantís Informámosvos nesta entrada dos partidos, ubicación, horarios...

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 4ª Xornada):

· CB REDONDELA VS. A LAMA
- Lugar: Centro Penitenciario da Lama.
- Hora: Domingo 13 ás 11:00h.

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 4ª Xornada):

·
AIREXA NIGRÁN VS. CB REDONDELA
- Lugar: CPI Panxón.
- Hora: Sábado 12 ás 10:00h (xogadores ás 9:30).

ALEVÍN MIXTO (Partido Amistoso | nº 1):

·
AIREXA NIGRÁN VS. CB REDONDELA
- Lugar: CPI Panxón.
- Hora: Sábado 12 ás 11:30h.

Anímadevos a vir ver ó voso equipo!!

12/10/11

RESUMO DO PARTIDO AMISTOSO ENTRE O CB REDONDELA E O CB PONTEAREAS

O pasado sábado 8 de Outubro, xogouse o primeiro partido amistoso do equipo sénior do noso club. Estreámonos contra o CB Pontareas, nun encontro cheo de imprecisións debido á inexperiencia de ambos conxuntos, xa que só había un xogador que superara os 25 puntos, militando este no CB Ponteareas.
Foi un partido de amplas rotacións por parte de ambos clubs, no que ningún xogador chegou ós 25 minutos de xogo. Buscamos ir encaixando pezas de cara ó comenzo da nova tempada o vindeiro 16 de outubro (23 no caso do noso club por ter a primeira xornada de descanso).
Os nosos xogadores foron a remolque todo o partido sen encontrar o tino no ataque nin o xeito na defensa salvo accións individuais, nas que conseguímos animar á grada.
Non obstante, os nosos xogadores non perderon de vista ao CB Ponteareas e, tendo una máxima desventaxa no inicio do 4º periodo (6 puntos), foi ese o momento no que nos puxemos ó traballo e, cun parcial 9-0, conseguimos poñernos por diante do marcador. Non abandonamos o resultado ata que a bocina bramou o final do partido (49-47).

Cómpre destacar o debut de tódolos xogadores, e as primeiras canastras na competicion oficial sénior de Cristian e Anxo.


O 5 inicial do CB Redondela foi:

- Ruben Rodriguez (16 ptos).
- Victor Castellano (6 ptos).
- Luis Amutio (3 ptos).
- Manu Deus (0 ptos).
- Jaime E. Serín (4 ptos).


A puntuación do resto de xogadores foi:

- Carlos Nuñez (14 ptos).

- Cristian Crespo (4 ptos).

- Ricardo Vieitez (2 ptos).

- David Alonso (0 ptos).

- Anxo Perez (2 ptos).

Bo ambiente o sábado no Pabillón do IES Mediño contando con varias docenas de espectadores nas gradas. Esperamos repetir e aumentar este número durante a liga!

7/10/11

PARTIDO AMISTOSO DO EQUIPO SÉNIOR MASCULINO

Este sábado 8 de outubro xogarase no pabillón do IES Mendiño de Redondela un partido amistoso entre o CB Redondela e o CB Ponteareas. O encontro terá lugar ás 19h. Estades todos e todas convidados a ir e animar ó noso equipo!!

24/3/11

NOVO PARTIDO AMISTOSO DOS BENXAMÍNS

Este próximo sábado 26 xogarase un partido amistoso de benxamíns no noso campo local (CEIP Alexandre Bóveda) contra o equipo benxamín do "Chouzo":

-"CD ALEXANDRE BÓVEDA-BALONCESTO" V.S. "CHOUZO": O partidos xogarase ás 12:00h, pero convén que os adestradores/as e xogadores/as estean nas instalacións entre as 11:30h e as 11:45h, aínda que a esa hora estea en desenvolvemento o partidos dos alevíns.

Estades convidados/as a ir!

10/3/11

PARTIDO AMISTOSO DOS BENXAMÍNS

Este próximo sábado 12 de marzo, a continuación do partido da liga alevín mixto, ás 12:00 h, xogarase un partido amistoso e local entre os mesmos equipos que o partido dos alevíns, "CD, ALEXANDRE BÓVEDA-BALONCESTO" V.S. "DIVINO SALVADOR B", só que de categoría benxamín e algúns pre-banxamíns. Os xogadores/as e adestradoras/es deberán estar ubicados nas instalacións do centro ás 11:30 h. Estades todos convidados a ir!