30/3/16

PARTIDO LIGA ACB : OBRADOIRO - UCAM (MURCIA)

    

29/3/16

GRACIAS A TODOS NUESTROS COLABORADORES

II CETI CERRADO MINI Y PREMINI 1º AÑO.PAV A MARISMA-REDONDELA



 El DOMINGO 03  de ABRIL  en el Pabellón A MARISMA -REDONDELA  nuestros tres jugadores del Equipo Premini están convocados a participar en un ceti cerrado con 11 jugadores más de la Delegación Viguesa de baloncesto . 

                                                 

  
                               

II CETI BENXAMIN E ALEVIN TEMPORADA 2015-2016

Continuando co Programa de Tecnificación previsto pola Área Deportiva FGB para esta temporada 2015- 2016, abrimos convocatoria para a participación nun Centro de Tecnificación (CETI) de captación cerrado a xogadores e xogadoras nados nos anos 2006-2007 . Cada club deberá confirmar a asistencia dos xogadores/as seleccionados vía mail na seguinte dirección: :  ceti.vigo@fegaba.com

A actividade, dirixida polo persoal técnico FGB;  contará coa seguinte programación:

Data: Domingo 3 de abril 2016  PAVILLÓN : Municipal A Marisma de Redondela

 (2006 e 2007) masculino: 15:30 h a 17:00 h
(2006 e 2007) feminino: 17:00 h a 18:30 h

Recoméndase que cada participante veña provisto dunha botella de auga. Así mesmo,  prégase aos pais/nais e familiares dos participantes que, para o perfecto desenvolvemento da actividade, non permanezan na instalación durante a súa celebración.

Indicar que os xogadores e xogadoras que participen deben entregar, cuberta e debidamente asinada, a autorización que se achega xunto a esta comunicación. Igualmente, será necesaria a presentación dunha foto, a efectos da ficha de datos anuais.

A convocatoria deste CETI permanece aberta tamén á presenza e participación de todos os adestradores en prácticas dos cursos organizados pola FGB. A este respecto, solicitamos  colaboración para a súa difusión, animando tanto a clubs, como a xogadores e adestradores, a aproveitar esta enriquecedora xornada deportiva. 

Para calquera dúbida ou suxestión:  ceti.vigo@fegaba.com



                Agradecendo a vosa colaboración e implicación, atentamente vos saúda

PABLO BLANCO CHANTADA
Responsable Zonal Área Deportiva. Delegación de Vigo.
                                                     ceti.vigo@fegaba.com     

687267157

18/3/16

DIA INTERNACIONAL CONTRA A DISCRIMINACIÓN RACIAL.

Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial





CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A DISCRIMINACIÓN RACIAL, O CONCELLO DE REDONDELA E NO SEU NOME O ALCALDE-PRESIDENTE, D. JAVIER BAS CORUGEIRA, ten a ben convidalo/a ao acto que se celebrará o luns día 21 de marzo, ás 20:00 horas, na Praza da Constitución.


sinatura deportes

14/3/16

II TORNEO BASKET SEN BARREIRAS



OS PEDIMOS QUE CADA NIÑO/NIÑA QUE PARTICIPA EN EL TORNEO APORTE EL DONATIVO DE 1 EURO  QUE PODRÁ DEPOSITAR EN LA URNA QUE SE ENCONTRARÁ EN EL PABELLÓN FACILITADA POR LA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CÁNCER.
Asimismo os recordamos que durante los dos días del Torneo estarán los voluntarios de laASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CÁNCER para que tod@s aquell@s que deseéis realizar un donativo  para la lucha contra esta enfermedad podáis hacerlo  en la urna destinada a tal fin.

DISTRIBUCIÓN DE EQUIPOS POR CATEGORÍAS
Ø  CATEGORÍA BABY: Amor de Dios, Miralba, Celta, ED Gondomar y CB Nigrán.
Ø  CATEGORÍA BENJAMÍN EN HORARIO DE 17:40 A 19:15: CB Redondela Mixto, CB Nigrán Mixto,Divino Salvador Mixto, Novobasket Masculino, Apóstol Masculino y PBB Masculino.
Ø  CATEGORÍA BENJAMÍN EN HORARIO DE 19;15 A 20:39: Salesianos Femenino, CB Nigrán Iniciación, Carlos Casares A , Carlos Casares B, Miralba Mixto y Mariano Mixto.
Ø  CATEGORÍA ALEVÍN: CB Redondela A Mixto, Mariano Mixto, CB Redondela B Mixto, CB Nigrán Mixto, ED Gondomar Mixto y Miralba Femenino.


             

8/3/16

“A muller na literatura romántica” , Mesa redonda

“A muller na literatura romántica” é o lema da mesa redonda que organiza a Concellería de Muller do Concello de Redondela coa colaboración das Bibliotecas Municipais do municipio, con motivo da celebración do  Día Internacional da Muller.
 
Participarán na mesma as escritoras galegas de novela romántica Silvia Barbeito , Teresa Cameselle (Premio Talismán de Novela Romántica 2008 e Premio Vergara de Ediciones B coa súa última novela) Lydia Leyte,   baixo a coordinación de Trinidad Palacios, organizadora desde o ano 2011 do “Congreso de Literatura Romántica Ciudad de A Coruña”
 
   O evento terá lugar na Casa da Cultura de Redondela, situada na Praza Figueroaás 20:00 h. do venres 11 de marzo
   A entrada é libre e de balde
 
   O acto rematará coa firma das autoras para todos aqueles que o desexen e así mesmo estarán dispoñibles para a venda exemplares da súa obra

                                              

3/3/16

Día da Muller co Deporte

  
Día da Muller co Deporte terá lugar o domingo 13 de marzo, entre as 17:00 e 20:00 horas. Pavillón Municipal A Marisma Redondela.

A orde do desenvolvemento das diferentes actividades será o que segue:
  • 17:00 - 17:30 Fútbol Sala (Arealonga FS e Redondela FS)
  • 17:30 - 17:40 Descanso
  • 17:40 - 18:10 Balonmán (BM ChapelaSAR)
  • 18:10 - 18:20 Descanso
  • 18:20 - 18:50 Baloncesto (CB Redondela)
  • 18:50 - 19:00 Descanso
  • 19:00 - 19:30 Baile (Escola Danza Hannelore)
  • 19:30 - 19:45 Clausura (Escola Danza Hannelore)


2/3/16

AXUDA A SIRIA. RECOLLIDA DE ROUPA DE INVERNO

Estimados pais e nais:

   O noso clube vai colaborar co I.E.S. Pedro Floriani e con diferentes entidades benéficas levando a cabo unha recollida de roupa de inverno para enviar aos campamentos de refuxiados sirios: xerseis, guantes, bufandas, gorros e, en xeral, roupa de abrigo.

   O periodo de recollida será dende o martes 1 ata o mércores 16 de marzo. O punto de recollida será o ximnasio do I.E.S. Pedro Floriani.

   É moi importante que a roupa veña xa clasificada e etiquetada (con rotulador, por ejemplo) en bolsas, e por categorías de:

Muller

Neno/a

Home

   Tamén vos agradeceríamos que mandasedes polos voso/as fillos/as, na medida do posible, caixas de cartón plegadas para facilitarnos o seu transporte.

Cremos que a empatía cunha traxedia tan grande e que afecta a tantos miles de persoas merece un lugar na educación dos nosos nenos e nenas.

   As necesidades son moitas, por iso vos pedimos a vosa solidariedade e a dos vosos fillos/as.


Moitas grazas.