2/3/16

AXUDA A SIRIA. RECOLLIDA DE ROUPA DE INVERNO

Estimados pais e nais:

   O noso clube vai colaborar co I.E.S. Pedro Floriani e con diferentes entidades benéficas levando a cabo unha recollida de roupa de inverno para enviar aos campamentos de refuxiados sirios: xerseis, guantes, bufandas, gorros e, en xeral, roupa de abrigo.

   O periodo de recollida será dende o martes 1 ata o mércores 16 de marzo. O punto de recollida será o ximnasio do I.E.S. Pedro Floriani.

   É moi importante que a roupa veña xa clasificada e etiquetada (con rotulador, por ejemplo) en bolsas, e por categorías de:

Muller

Neno/a

Home

   Tamén vos agradeceríamos que mandasedes polos voso/as fillos/as, na medida do posible, caixas de cartón plegadas para facilitarnos o seu transporte.

Cremos que a empatía cunha traxedia tan grande e que afecta a tantos miles de persoas merece un lugar na educación dos nosos nenos e nenas.

   As necesidades son moitas, por iso vos pedimos a vosa solidariedade e a dos vosos fillos/as.


Moitas grazas.

0 comentarios:

Publicar un comentario