29/3/16

II CETI BENXAMIN E ALEVIN TEMPORADA 2015-2016

Continuando co Programa de Tecnificación previsto pola Área Deportiva FGB para esta temporada 2015- 2016, abrimos convocatoria para a participación nun Centro de Tecnificación (CETI) de captación cerrado a xogadores e xogadoras nados nos anos 2006-2007 . Cada club deberá confirmar a asistencia dos xogadores/as seleccionados vía mail na seguinte dirección: :  ceti.vigo@fegaba.com

A actividade, dirixida polo persoal técnico FGB;  contará coa seguinte programación:

Data: Domingo 3 de abril 2016  PAVILLÓN : Municipal A Marisma de Redondela

 (2006 e 2007) masculino: 15:30 h a 17:00 h
(2006 e 2007) feminino: 17:00 h a 18:30 h

Recoméndase que cada participante veña provisto dunha botella de auga. Así mesmo,  prégase aos pais/nais e familiares dos participantes que, para o perfecto desenvolvemento da actividade, non permanezan na instalación durante a súa celebración.

Indicar que os xogadores e xogadoras que participen deben entregar, cuberta e debidamente asinada, a autorización que se achega xunto a esta comunicación. Igualmente, será necesaria a presentación dunha foto, a efectos da ficha de datos anuais.

A convocatoria deste CETI permanece aberta tamén á presenza e participación de todos os adestradores en prácticas dos cursos organizados pola FGB. A este respecto, solicitamos  colaboración para a súa difusión, animando tanto a clubs, como a xogadores e adestradores, a aproveitar esta enriquecedora xornada deportiva. 

Para calquera dúbida ou suxestión:  ceti.vigo@fegaba.com



                Agradecendo a vosa colaboración e implicación, atentamente vos saúda

PABLO BLANCO CHANTADA
Responsable Zonal Área Deportiva. Delegación de Vigo.
                                                     ceti.vigo@fegaba.com     

687267157

0 comentarios:

Publicar un comentario