Mostrando entradas con la etiqueta FGB. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FGB. Mostrar todas las entradas

13/1/14

IV Convocatoria formativa para a iniciación "on line" de árbitros e oficiais de mesa

IV Convocatoria formativa para a iniciación "on line" de árbitros e oficiais de mesa

Xoves, 09 Xaneiro 2014 16:50
    - O Comité Galego de Árbitros actualiza as súas convocatorias formativas para a captación de novos colexiados e oficiais de mesa e promove o IV Curso de iniciación “on line” da presente temporada.
    - A través de 10 sesións teóricas que se realizarán en diferentes datas do mes de xaneiro, o CGAB abre de novo a posibilidade de achegarse ao mundo da arbitraxe dun xeito flexible a nivel de horarios e óptimo en canto a xestión de contidos.
    IV Convocatoria formativa para a iniciación "on line" de árbitros e oficiais de mesa
    O Comité Galego de Árbitros promove a IV convocatoria da temporada para os seus Cursos de Iniciación “on Line”. Esta, aberta a todos aqueles interesados en aproximarse as tarefas de árbitro ou oficial de mesa, levarase a cabo durante 10 días concretos do calendario (20, 21, 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de xaneiro) nos que se articularán aulas virtuais, as cales se cursarán, segundo a elección dos alumnos, en dúas quendas diferentes.
    Seguindo o proceder establecido segundo a estratexia didáctica, a carga lectiva repartirase en horario de mañá ou en horario de tarde, e repetindo materia en cada tanda. En total, unha decena de se sesións dunha hora e corenta minutos cada unha.
    A presenza física na cancha dos alumnos unicamente será necesaria en tres ocasións (6 horas), ubicándose como pistas de traballo as marcadas polas diferentes delegacións zonais FGB. Posteriormente, a avaliación dos coñecementos virá da man dun test “on line” e dunha imprescindible proba física, ambos de carácter non eliminatorio.
    Programación
    Regras de xogo, Anotador e Acta, Cronómetro e 24 segundos, Psicoloxía e coñecemento do xogo e iniciación á mecánica arbitral, entre outras, serán as materias sobre as que afondar, optimizando as xa comprobadas posibilidades que o formato “on line” ofrece.
    Inscrición
    A inscrición nesta IV Convocatoria pode tramitarse a través do enderezo electrónicoarbitros@fegaba.com ou, persoalmente, no departamento arbitral das diferentes Delegacións Zonais FGB.
    Para que o proceso sexa o correcto, presentarase, antes do vindeiro 17 de xaneiro, o formulario de inscrición e o xustificante de pago da cota actual deste tipo de cursos: 20 euros (a ingresar de xeito previo na conta 2100 1455 11 0200136257 de la Caixa).
    O CGAB resérvase a posibilidade de non levar a cabo esta IV convocatoria se o número de alumnos inscritos non supera os 20.

    12/3/13

    III CURSO ON LINE DE ÁRBITROS E OFICIAIS DE MESA

    Ante a demanda que recibiu o Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB) de persoas que querían ser árbitros/as e/ou oficiais de mesa, o CGAB decidiu realizar o III Curso on line de árbitros e oficiais de mesa. Comezará o vindeiro luns 18 de marzo, e o prazo de inscripción remata xa este venres 15. Para poder inscribirse é preciso abonar unha cantidade de 10€ no número de conta de La Caixa 2100-1455-11-0200136257 da Federación Galega de Baloncesto e cubrir a ficha que adxuntamos nesta entrada. Animádevos a formar parte do colectivo arbitral galego!





    13/9/12

    A FGB CONVIDA A COÑECER OS CAMBIOS REGULAMENTARIOS DA TEMPADA 2012/13


    O próximo sábado 15 de setembro, a Federación Galega de Baloncesto (FGB), concretamente a Delegación Viguesa de Baloncesto (DVB), convida a todos os adestradores e adestradoras a coñecer os cambios nas regras e normas de xogo que se empezaran a aplicar nesta tempada 2012/13, aproveitando a reunión de inicio de tempada cos árbitros/as e oficiais de mesa. Será na Casa do Deporte (Vigo) ás 11h, e terá unha duración de aproximadamente 90 minutos.
    Aproveitamos para engadir que podedes ver o novo Regulamento e as novas Regras e Normas na nosa páxina titulada Regulamento (fai clic).