31/5/12
CALENDARIOS DE XOGO DO I TORNEO INTER-ESCOLAR DE BALONCESTO
ENTREVISTA Ó PRESIDENTE DO CLUB EN "SI RADIO"
22/5/12
I CAMPAMENTO MÓVETE 2012
LUGAR, HORARIO E IDADES
Realizarase en Redondela os meses de xullo e agosto en horario de mañá e tarde. Vai dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos de idade. As actividades comezan ás 10 da mañá e rematan ás 20 horas.
Contémplase aunha Aula Matinal para aquelas familias que por diversos motivos deban deixar aos seus nenas/os dende as 8:00 horas.
O Centro base para as actividades será o IES Mendiño.
ACTIVIDADES
As actividades do Campamento serán lúdicas: xogos predeportivos, festas temáticas, maquillaxe, xogos populares,saídas e xogos na praia. Cada unha das quincenas terá un eixe temático. A primeira tratará sobre o Mar. A segunda sobre os Xogos Olímpicos. A terceira sobre a Natureza. A cuarta sobre as Tradicións e Festas de Redondela.
COMEDOR
O Campamento conta cun servizo de Comedor realizado polo Cátering Arelas, de 14 a 16 horas.
PAGAMENTO
Os prezos quincenais poden consultarse máis abaixo. O ingreso hai que realizalo a favor de CLUB BALONCESTO REDONDELA en “LA CAIXA” (Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona) na conta: 2100 4793 89 0200043856
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
Folla de inscrición (a ficha de inscrición pode descargarse nesta páxina).
Resgardo de ingreso ou fotocopia do mesmo.
Fotocopia da tarxeta sanitaria.
Fotocopia do DNI do neno/a ou Libro de Familia.
PRAZO DE INSCRICIÓN
Está aberto ata o día 26 de xuño.
LUGAR DE ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN
Multiusos de Redondela.
4/5/12
PARTIDOS DA XORNADA 5/6 DE MAIO
SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Fase Clasificatoria 31º-36º Sur | 4ª Xornada):
· CB REDONDELA 42 VS. A LAMA 54
- Lugar: Centro penitenciario da Lama.
- Hora: Domingo 6 ás 12:00h (xogadores ás 11:15h).
INFANTIL MASCULINO (2ª División - Fase Clasificatoria 72º-78º Sur | 2ª Xornada):
· COMPAÑÍA DE MARÍA VS. CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Compañía de María.
- Hora: Sábado 5 ás 18:00h (xogadores ás 17:15h).
ALEVÍN MIXTO (Liga DVB 2º - Grupo 1/2 Final | 1ª Xornada-Serie 1):
· CB REDONDELA VS. DIVINO SALVADOR B
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Partido aprazado por chuvia.
BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 16ª Xornada):
· MIRALBA B 22 VS. CB REDONDELA 73
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Sábado 5 ás 10:00h (xogadores ás 9:30h).
3/5/12
NOVA XUNTA DIRECTIVA
PRESIDENTE
|
Dª. Paula Fernández López
|
SECRETARIO
|
D. Francisco Javier Aljan Molinos
|
TESOUREIRO
|
D. Monica Gonzalez Perez
|
VOGAIS
|
Dª. MºJesus Trigo Soneira
D. Sonia Casar Edreira
D. Luis Fernandez Vazquez
|
Esta información estará permanentemente dispoñible na nosa nova páxina "Xunta Directiva", que substitúe á anterior páxina "Organigrama Directivo".