Bases
Torneo 3x3 CBR - 25/09/21
O torneo consistirá en diversas rondas de partidos de baloncesto, a unha canasta, de 2 equipos compostos por 3 xogadores en pista. Os enfrontamentos serán consecutivos e eliminatorios.
A inscripción no torneo estará aberta dende a publicación das bases ata 2 días antes da data prevista para o evento. E establecese un máximo de 8 equipos por categoría.
A inscripción realizarase cumplimentando o formulario adxunto (folla de inscripción), que se poderá descargar do facebook do clube (https://es-es.facebook.com/cbredondela/) ou solicitandó no whats App do club (722 617 212).
A folla de inscripción haberá que mandala cuberta (foto lexible), xunto co xustificante de ingreso da cuota, ó whats App do club. Tamén se pode entregar ó coordinador do club en horario de adestramentos no pavillón do I.E.S. Mendiño.
A data limite para entregar a folla de inscripción e pago da couta será o 23 de sertembro as 15:00H.A cuota de incripción será de 5€ por equipo, que deberá aboarse, xunto coa entrega da inscripción, ó coordinador do club en horario dos adestramentos no I.E.S Mendiño, ou tamén podese ingresar na seguinte conta bancaria:
LA CAIXA ES52 2100 2989 1402 0013 7918
No concepto do ingreso hay que especificar:
“Torneo 3x3 CBR, do 25/09/21. Equipo (nombre del equipo)”Os equipos estarán formados por un mínimo de 3 participantes e un máximo de 4, sen distinción de xénero, é dicir, poderán ser equipos mixtos.
O Torneo 3x3 divídese en tres categorías: Infantil, Cadete e Junior.
Categoría Infantil: destinada a xogadores/as nacidos entre 2008 e 2009.
Categoría Cadete: destinada a xogadores/as nacidos entre 2006 e 2007.
Categoría Junior: destinada a xogadores/as nacidos entre 2004 e 2005.
Permitirase a participación de xogadores de categorias inferiores en categorías superiores, pero non ó contrario.
Os organizadores poderán solicitar en calquer momento que se lles mostre o DNI dos xogadores para corroborar que os datos da inscripción son acordes as bases do torneo.
Os partidos xogaranse a media pista, en canasta grande e con balón talla 6. O Lugar para os partidos será na pista de baloncesto exterior do pavillón A Marisma de redondela (xunto o skate park).
Como medidas de prevención da COVID, exixirase o uso da máscara no recinto, así como o distanciamento interpersoal de 1,5m, para os asistentes. E para os xogadores, o uso de máscara en pista e de hidroxél antes do correspondente encontro é obligatoria, polo que será preciso dispoñer de máscara de recambio.
Os xogadores de cada equipo deberán contar con duas indumentarias a modo de equipación, unha de cor escura e outra de cor clara.
Permítese calquer indumentaria (petos, chalecos, pañoletas,...) sempre que non entorpezan o xogo, non supoñan un perigo para calquer xogador e non resulten ofensivos. En calquer caso os organizadores, ou representanes destes, evaluaran a indumentaria e poderán exixir a retira inmediata se a consideran non apropiada, condicionando a participación do equipo no torneo.A programación do torneo 3 x 3 establecerase dependendo do numero de equipos inscritos. A organización determinará por sorte os cruces entre os mesmos, a pista e os horarios de xogo. Esta Programación faráse publica, como mínimo, media hora antes do inicio do torneo, tanto na páxina web do clube como no propio lugar do torneo.
Os equipos deberán estar presentes na pista 5 minutos antes do comezo do correspondente partido. E deberán abandoar a pista inmediatamente ó remate do partido, facilitando a entrada dos seguintes equipos.
Se exixe puntualidade aos equipos que vaian a disputar cada encontro. O equipo que, trancorridos 5' do inicio, non presente en pista un mínimo de 3 xogadores, perderá o encontro.
A entrega de premios realizaráse ó finalizar o encontro final de cada categoría.
A arbitraxe dos encontros farase por persoal designado pola organización, puidendo ser ou non arbitros oficiais. En calquera caso este velará polo bo desarrollo do encontro.
Calquer duda respecto ó reglamento en situacións de xogo será resolta polo árbitro designado para o encontro pola organización e no haberá lugar a replica ou queixa polos equipos, sendo a decisión deste arbitro absoluta e de inmediato cumprimiento. No caso de que algún xogador non cumpra esta norma ou entorpeza o xogo, o seu equipo será eliminado da competición.
A organización do torneo descalificará a cualquer equipo que mostre unha conducta antideportiva, ofensiva ou que deliberadamente entopeza o bo funcionamento do torneo. Non se permitirán actitudes contrarias á deportividade e ó xogo limpo.
A organización resérvase o dereito de modificar calquera das normas aquí mencionadas. Ditas modificacións, de darse o caso, será comunicadas ós participantes na forma que a organización considere máis oportuna.
Serán de aplicación as reglas oficiais FIBA do 3x3 (modificadas), e que se resumen na seguinte tabla: