17/9/21

Bases torneo 3x3 CBR - 25/09/21

 


Bases Torneo 3x3 CBR - 25/09/21

O torneo consistirá en diversas rondas de partidos de baloncesto, a unha canasta, de 2 equipos compostos por 3 xogadores en pista. Os enfrontamentos serán consecutivos e eliminatorios.

  • A inscripción no torneo estará aberta dende a publicación das bases ata 2 días antes da data prevista para o evento. E establecese un máximo de 8 equipos por categoría.

  • A inscripción realizarase cumplimentando o formulario adxunto (folla de inscripción), que se poderá descargar do facebook do clube (https://es-es.facebook.com/cbredondela/) ou solicitandó no whats App do club (722 617 212).
    A folla de inscripción haberá que mandala cuberta (foto lexible), xunto co xustificante de ingreso da cuota, ó whats App do club. Tamén se pode entregar ó coordinador do club en horario de adestramentos no pavillón do I.E.S. Mendiño.
    A data limite para entregar a folla de inscripción e pago da couta será o 23 de sertembro as 15:00H.

  • A cuota de incripción será de 5€ por equipo, que deberá aboarse, xunto coa entrega da inscripción, ó coordinador do club en horario dos adestramentos no I.E.S Mendiño, ou tamén podese ingresar na seguinte conta bancaria:
    LA CAIXA ES52 2100 2989 1402 0013 7918
    No concepto do ingreso hay que especificar:
    Torneo 3x3 CBR, do 25/09/21. Equipo (nombre del equipo)

  • Os equipos estarán formados por un mínimo de 3 participantes e un máximo de 4, sen distinción de xénero, é dicir, poderán ser equipos mixtos.

  • O Torneo 3x3 divídese en tres categorías: Infantil, Cadete e Junior.

    • Categoría Infantil: destinada a xogadores/as nacidos entre 2008 e 2009.

    • Categoría Cadete: destinada a xogadores/as nacidos entre 2006 e 2007.

    • Categoría Junior: destinada a xogadores/as nacidos entre 2004 e 2005.

  • Permitirase a participación de xogadores de categorias inferiores en categorías superiores, pero non ó contrario.

  • Os organizadores poderán solicitar en calquer momento que se lles mostre o DNI dos xogadores para corroborar que os datos da inscripción son acordes as bases do torneo.

  • Os partidos xogaranse a media pista, en canasta grande e con balón talla 6. O Lugar para os partidos será na pista de baloncesto exterior do pavillón A Marisma de redondela (xunto o skate park).

  • Como medidas de prevención da COVID, exixirase o uso da máscara no recinto, así como o distanciamento interpersoal de 1,5m, para os asistentes. E para os xogadores, o uso de máscara en pista e de hidroxél antes do correspondente encontro é obligatoria, polo que será preciso dispoñer de máscara de recambio.

  • Os xogadores de cada equipo deberán contar con duas indumentarias a modo de equipación, unha de cor escura e outra de cor clara.
    Permítese calquer indumentaria (petos, chalecos, pañoletas,...) sempre que non entorpezan o xogo, non supoñan un perigo para calquer xogador e non resulten ofensivos. En calquer caso os organizadores, ou representanes destes, evaluaran a indumentaria e poderán exixir a retira inmediata se a consideran non apropiada, condicionando a participación do equipo no torneo.

  • A programación do torneo 3 x 3 establecerase dependendo do numero de equipos inscritos. A organización determinará por sorte os cruces entre os mesmos, a pista e os horarios de xogo. Esta Programación faráse publica, como mínimo, media hora antes do inicio do torneo, tanto na páxina web do clube como no propio lugar do torneo.

  • Os equipos deberán estar presentes na pista 5 minutos antes do comezo do correspondente partido. E deberán abandoar a pista inmediatamente ó remate do partido, facilitando a entrada dos seguintes equipos.

  • Se exixe puntualidade aos equipos que vaian a disputar cada encontro. O equipo que, trancorridos 5' do inicio, non presente en pista un mínimo de 3 xogadores, perderá o encontro.

  • A entrega de premios realizaráse ó finalizar o encontro final de cada categoría.

  • A arbitraxe dos encontros farase por persoal designado pola organización, puidendo ser ou non arbitros oficiais. En calquera caso este velará polo bo desarrollo do encontro.

  • Calquer duda respecto ó reglamento en situacións de xogo será resolta polo árbitro designado para o encontro pola organización e no haberá lugar a replica ou queixa polos equipos, sendo a decisión deste arbitro absoluta e de inmediato cumprimiento. No caso de que algún xogador non cumpra esta norma ou entorpeza o xogo, o seu equipo será eliminado da competición.

  • A organización do torneo descalificará a cualquer equipo que mostre unha conducta antideportiva, ofensiva ou que deliberadamente entopeza o bo funcionamento do torneo. Non se permitirán actitudes contrarias á deportividade e ó xogo limpo.

  • A organización resérvase o dereito de modificar calquera das normas aquí mencionadas. Ditas modificacións, de darse o caso, será comunicadas ós participantes na forma que a organización considere máis oportuna.

  • Serán de aplicación as reglas oficiais FIBA do 3x3 (modificadas), e que se resumen na seguinte tabla:




0 comentarios:

Publicar un comentario