14/2/17

Centro de Tecnificación (CETI) DOMINGO 23 PAV a MARISMA




Continuando co Programa de Tecnificación previsto pola Área Deportiva FGB para esta tempada 2016- 2017, abrimos convocatoria para a participación nun Centro de Tecnificación (CETI) de captación cerrado orientado a xogadores e xogadoras nados no ano 2006-2007 e 2008.  

 

IMPORTANTE E OBLIGATORIO:  Cada club deberá confirmar a asistencia dos xogadores/as que participarán vía mail na seguinte dirección:   ceti.vigo@fegaba.com antes do día 21 de abril para organizar as convocatorias e os adestramentos.

Os xogadores que asistan sen a confirmación dos clubs non poderán participar nos adestramentos.

 

A actividade, dirixida polo persoal técnico FGB;  contará coa seguinte programación:

 

Data: Domingo 23 abril de 2017 

PAVILLÓN A MARISMA REDONDELA (AVDA MENDIÑO S/N, REDONDELA)

(2008) masculino e feminino:    15:45 h a 16:45 h

(2007) masculino e feminino:    16:45 h a 17:45 h

(2006) masculino e feminino:    17:45 h a 18:45 h

 

E obligatorio a que os xogadores se presenten no pavillón 15 minutos antes do inicio de sesión.

 

Recoméndase que cada participante veña provisto dunha botella de auga. Así mesmo,  prégase aos pais/nais e familiares dos participantes que, para o perfecto desenvolvemento da actividade, non permanezan na instalación durante a súa celebración.

 

Indicar que os xogadores e xogadoras que participen deben entregar, cuberta e debidamente asinada, a autorización que se achega xunto a esta comunicación no caso de que sexa o seu primeiro ceti desta temporada. Igualmente, será necesaria a presentación dunha foto, a efectos da ficha de datos anuais.

 

A convocatoria deste CETI permanece aberta tamén á presenza e participación de todos os adestradores en prácticas dos cursos organizados pola FGB.

 

Para calquera dúbida ou suxestión:  ceti.vigo@fegaba.com

                Agradecendo a vosa colaboración e implicación, atentamente vos saúda

 

PABLO BLANCO CHANTADA

Responsable Zonal Área Deportiva. Delegación de Vigo.

                                                    ceti.vigo@fegaba.com   

687267157
 

0 comentarios:

Publicar un comentario