15/6/12

SE NACICHES ENTRE 1995 E 2000 VEN CONNOSCO A PRACTICAR BALONCESTO


O mércores día 20 de xuño ás 19:30 horas, todos e todas os nacidos entre 1995 e 2000 interesados/as no baloncesto estades convidados a asistir a unha xuntanza no Multiusos da Xunqueira na que vos presentaremos a nosa oferta para a vindeira tempada.

VEN E DESCUBRIRÁS A MAXIA DO BALONCESTO

6/6/12

IMAXES DO I TORNEO INTERESCOLAR

Presentamos unha selección de imaxes do I Torneo Interescolar de Baloncesto de Redondela.

5/6/12

O TORNEO INTERESCOLAR EN REDONDELA.TV



Redondela.tv emite un vídeo sobre o I Torneo Interescolar de Baloncesto de Redondela. Pódese ver facendo clic aquí.



3/6/12

AGRADECEMENTOS - I TORNEO INTER-ESCOLAR DE BALONCESTO


















Unha vez rematado o I Torneo Interescolar de Baloncesto, cunha grande participación tanto de xogadores como de asistentes, o Club Baloncesto Redondela quere agradecer públicamente a todos os que o fixeron posible:

- Aos xogadores/as participantes.
- A todas as súas familias por permitir que os seu fillos/as se acheguen ao deporte do baloncesto.
- Aos centros de ensino, especialmente ao profesorado de Educación Física e aos equipos directivos, sen os cales este torneo non se podería ter celebrado.
- Ao Concello de Redondela, personificado no concelleiro de Deportes, don Jesús Crespo López, que nos prestou o seu apoio.
- Ás casas comerciais de Redondela que se volcaron cedendo artigos para poder sortear ao longo do torneo.
- Aos equipos de baloncesto que colaboraron connosco.
- Aos patrocinadores dos carteis, polo seu apoio.
- Á Delegación Viguesa de Baloncesto.
- Aos membros de Protección Civil que estiveron con nós no torneo.
- Aos encargados dos pavillóns.
- A todos os xogadores e adestradores do CB Redondela, pola súa implicación na celebración do torneo e, en xeral pola ilusión e entrega coa que participan en todas as actividades do club.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS

A continuación referimos as casas comerciais e clubes que nos cederon artigos para o torneo:
JOYERÍA ÁNGEL NOGUEIRAS
MODA MUJER XL
CAFETERÍA-VIDEO CLUB" NA LUA"
TUDEPORTE.COM
MERCERíA VIRGINIA
LIBRERÍA MOLIÈRE
CLUB BALONCESTO OURENSE
FÚTBOL CLUB BARCELONA
UMBRO
REGINA DECORACIÓN INTEGRAL
PITUSA- THINGS
ELECTRODOMÉSTICOS JUAN BLANCO
LIBRERÍA DOBLE PAUTA
ELECTRODOMÉSTICOS HERMANOS LAGO
CANDIL DECORACIÓN
JOYERÍA GROBA
BURBULLA ARTESANÍA
MI CASA
CACHARELA ARTESANÍA
PELUQUERÍA KATYRO
SUPERMERCADO FROIZ
FLORISTERÍA GIRASOL
SUPERMERCADOS EROSKI
BARRIO SPORT
MUELLER SPORT CARE
REAL MADRID CLUB DE FÚTBOL
CHURRERÍA PEPE