Mostrando entradas con la etiqueta ACB. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACB. Mostrar todas las entradas

31/12/12

UN ANO PARA LEMBRAR

Remata o ano, e con el vaise todo o bo baloncesto que nos deixou o 2012. Por exemplo, na web da ACB podemos visualizar un resume das grandes xogadas e dos mellores vídeos de todo o 2012. 
Desexamos que o 2013 traia boas novas para o noso club e para todos os seus integrantes, así como para os equipos do baloncesto galego. E que as seleccións españolas feminina e masculina fagan un gran papel nos campionatos de Europa de Francia e Eslovenia respectivamente.
Feliz 2013 a todos/as.


19/12/12

VITORIA HISTÓRICA DO OBRADOIRO NA CANCHA DO BARCELONA

Hoxe, vinte anos e vinte días despois, un equipo galego vence ao Barcelona no Palau Blaugrana. Dende o 29 de novembro de 1992 no que o OAR de Ferrol vencía en terrás catalás, nin Breogán, Ourense ou o propio OAR foran quen de conseguir a vitoria. E ademais o Obradoiro deixou ao Barcelona en 54 puntos, a cifra máis baixa dese equipo na súa casa dende que existe a liga ACB.
Gran partido do equipo compostelán que confirma a súa boa traxectoria na liga 2012-2013.
Podedes ler a crónica se facedes clic na foto. Máis abaixo podedes ver o vídeo.

 
E o sábado 22 ás 19:15 na TVG2 Bilbao Basket - Blusens Monbus.

28/2/10

XA SE PODEN VER OS PARTIDOS DA ACB EN VIVO E EN DIRECTO!

Agora, grazas a un novo servicio da ACB, pódense ver os partidos da ACB en vivo e en directo! A páxina poderíamola denomirar ACB 360 ORANGE, e aquí tedes o enlace: ACB 360 ORANGE. Imos xuntar FEB TV con ACB 360 ORANGE, nunha categoría chamada FORMAS DE VER O BALONCESTO, e estade atentos por se metemos algo máis!!

19/10/09

XORNADA 3 DA ACB: AS 5 MELLORES XOGADAS E O VÍDEO DO XACOBEO

O anterior fin de semana, xogouse a 3ª xornada da ACB, e como sempre, as 5 mellores xogadas e o vídeo do Xacobeo Blu:Sens-Granada.



17/10/09

O XACOBEO BLU:SENS CONTRA O GRANADA


Este fin de semana (máis concretamente o domingo), van televisar o Xacobeo-Granada na G2 (A canle 2 da galega na TDT) ás 12:30h. Non volo perdades!!!

AS 5 MELLORES XOGADAS DA XORNADA 2 DA ACB

Aquí tendes despois da segunda xornada da ACB (que se xogou no medio desta semana) as cinco mellores xogadas.
Tamén tendes o resumo do partido do Xacobeo (Valladolid-Xacobeo).

12/10/09

AS 5 MELLORES XOGADAS DA XORNADA 1 DA ACB

Despois desta ponte e fin de semana de baloncesto ofrecémosvos as 5 mellores xogadas da semana da liga ACB. Só tedes que facer clic no primeiro vídeo.
Tamén tendes o vídeo do equipo galego na ACB, o Xacobeo Blu:Sens Obradoiro, contra o todopoderoso Barça. Se queredes saber o resultado facede clic no segundo vídeo. A maxia da ACB xa está aquí...


10/10/09

FIN DE SEMANA DE BALONCESTO A TOPE!!!

Este fin de semana, COMEZA A LIGA ACB!!!!! E non hai forma de ver os partidos nin os marcadores como en FEB TV, pero televisan o sábado 10 o Xacobeo Blu:Sens-F.C. Barcelona na 2 ás 20:00h.
Que o disfrutedes!!!!
E non vos olvidedes dos partidos que hai das LEBs, que podedes ver en FEB TV.