13/3/18

Enquisas valoración actuacións do Concello no marco de Cidades Amigas da Infancia

Dende o Concello estamos a traballar para facer que Redondela sexa mellor para todas e todos, e para que os nenos, nenas e adolescentes sexan uns dos protagonistas principais. Por isto, nos comprometemos a cumprir e defender os seus dereitos, e tamén a que poidan participar nas decisións importantes que lles afecten.
Desta volta queremos coñecer a súa opinión sobre as actividades que organizamos e os recursos cos que conta o Concello para nenos, nenas e adolescentes, xa que estamos convencidos de que unicamente coñecendo os seus intereses e necesidades poderemos deseñar as actuacións necesarias para darlles resposta, e facer así entre todos/as, que este concello sexa un lugar mais amigable coa infancia e adolescencia.
Agradecemos polo tanto que convide e facilite que todo o alumnado do centro poida cumprimentar antes do 20 de marzo, o correspondente cuestionario on-line, que está colgado no apartado de Cidades amigas da infancia, na web do Concello.
 
 
Trátase dun cuestionario moi sinxelo, e totalmente anónimo, que non incorpora ningún dato persoal mais que o da idade e o sexo, pero que será de gran utilidade para coñecer os intereses e necesidades dos mais novos/as do concello.
Tamén poden acceder ao cuestionario directamente dende estes enlaces.
Agradecemos igualmente a difusión desta iniciativa tanto na páxina web, como nas redes sociais do seu centro, para facilitar así que todos os nenos e nenas de Redondela poidan acceder e cumprimentar ditos cuestionarios.
Sen mais, agradecemos enormemente a súa colaboración
Un saúdo

0 comentarios:

Publicar un comentario