4/12/18

IX CERTAME DE DEBUXO " O BALONCESTO E O NADAL "

Hola a tod@s,

    A FGB, en colaboración con CAIXABANK, Caldos Aneto e Creative Textil, activa unha temporada máis, o seu xa tradicional  Certame de Debuxo: O Baloncesto e o Nadal”, concurso que busca elixir a postal que, vinculando o Baloncesto e o Nadal, desexará boas festas a todos os federados e afeccionados ao baloncesto.

    Cumprindo neste 2018 a súa novena edición, o Certame de Debuxo “O Baloncesto e o Nadal" permanece aberto dende hoxe mesmo, e ata o vindeiro 18 de decembro; convidando a participar a todos os xogadores e xogadoras de categorías preminibasket ata cadete que así o desexen.
    As bases e principais requisitos do Concurso, poden consultarse xa no documento que achegamos, definindo ademáis no mesmo, o carácter dos agasallos que recibirán os autores ou autoras das postal vencedora e da segunda clasificada.

    Así mesmo, indicar que as primeiras 20 postais recibidas para formar parte do concurso, contarán con recoñecemento a través dun detalle da FGB para cos seus creadores.


    http://www.fegaba.com/actualidade/item/2981-chega-o-ix-certame-de-debuxo-o-baloncesto-e-o-nadal

    Saudos a tod@s

    0 comentarios:

    Publicar un comentario