23/10/11

RESULTADOS DA XORNADA 22/23 DE OUTUBRO

Aquí tendes os resultados da pasada xornada do 22/23 de Outubro:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 2ª Xornada):

· CB REDONDELA 30 VS. MARISTAS ADEMAR 50
- Lugar: Pabillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 22 ás 20:00h (xogadores ás 19:00h).
O noso equipo fixo todo o que puido e quedou sen folgos, pero pese a todo o esforzo o resultado foi negativo. Ó comezo, as puntuacións non ían moi lonxanas, pero a distancia foi aumentando co paso do encontro. Foi un partido de xogo fluído, poucas faltas e violacións e cunha duración de apenas 1h e 10min. Convén destacar algunhas mostras de cariño por parte do Maristas Ademar cando nun ataque perdimos o balón por mor dun contacto non moi grave e no saque nolo pasaron para continuar co xogo. Para tornar o marcador precisamos de todos e todas vós nas gradas animando ó noso equipo!!

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 2ª Xornada):

O partido correspondente á 2ª xornada aplazouse e se celebrará máis adiante.

0 comentarios:

Publicar un comentario