31/10/11

RESULTADOS DA XORNADA 29/30 DE OUTUBRO

Aquí tendes os resultados da pasada xornada do 29/30 de Outubro:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 3ª Xornada):

· CB PUERTO VIGO 71 VS. CB REDONDELA 44
- Lugar: Pabillón Universitario (Cuvi).
- Hora: Domingo 30 ás 19:00h.
O noso equipo estivo apretando no primeiro cuarto e finalizou con só diferenza dun punto, pero o segundo cuarto foi bastante pobre en xogo e puntos, polo que a diferenza rozou os 20 puntos. Despois do descanso disfrutamos de bo baloncesto e chegamos a estar a 11 puntos, pero non foi suficiente. Aínda que o resultado foi negativo, o noso equipo xogou bastante ben. Cómpre sinalar a asistencia dalgúns siareiros ó encontro.

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | Recuperación 2ª Xornada):

·
CB TUI SETA 108 A VS. CB REDONDELA 6
- Lugar: Pabillón Municipal de Tui.
- Hora: Sábado 29 ás 10:00h (xogadores ás 9:30).
Como ben queda reflexado no resultado, queda moito traballo por diante esta tempada. O partido foi de duración normal (1h e media) e non tivo demasiadas faltas.

0 comentarios:

Publicar un comentario