22/5/12

I CAMPAMENTO MÓVETE 2012

O CLUB BALONCESTO REDONDELA organiza o I Campamento "Móvete 2012".

LUGAR, HORARIO E IDADES

Realizarase en Redondela os meses de xullo e agosto en horario de mañá e tarde. Vai dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos de idade. As actividades comezan ás 10 da mañá e rematan ás 20 horas.

Contémplase aunha Aula Matinal para aquelas familias que por diversos motivos deban deixar aos seus nenas/os dende as 8:00 horas.

O Centro base para as actividades será o IES Mendiño.

ACTIVIDADES

As actividades do Campamento serán lúdicas: xogos predeportivos, festas temáticas, maquillaxe, xogos populares,saídas e xogos na praia. Cada unha das quincenas terá un eixe temático. A primeira tratará sobre o Mar. A segunda sobre os Xogos Olímpicos. A terceira sobre a Natureza. A cuarta sobre as Tradicións e Festas de Redondela.

COMEDOR
O Campamento conta cun servizo de Comedor realizado polo Cátering Arelas, de 14 a 16 horas.

PAGAMENTO

Os prezos quincenais poden consultarse máis abaixo. O ingreso hai que realizalo a favor de CLUB BALONCESTO REDONDELA en “LA CAIXA” (Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona) na conta: 2100 4793 89 0200043856

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

Folla de inscrición (a ficha de inscrición pode descargarse nesta páxina).

Resgardo de ingreso ou fotocopia do mesmo.

Fotocopia da tarxeta sanitaria.

Fotocopia do DNI do neno/a ou Libro de Familia.

PRAZO DE INSCRICIÓN

Está aberto ata o día 26 de xuño.

LUGAR DE ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN


0 comentarios:

Publicar un comentario