25/2/10

SUSPENDESE A 4ª XORNADA DA LIGA LINCO

Debido as prediccións meteorolóxicas, suspendese a 4ª xornada da LIGA LICO prevista para o Venres 26 de febreiro do 2010, xa que aparte das prediccións meteorolóxicas a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia decidiu suspender as programacións dos Xogos Deportivos Escolares (XOGADE), incluíndo a LIGA LINCO 2010. Informarémosvos do que pasará con está xornada cando saibamos máis cousas.

Dende o CB ALEXANDRE BÓVEDA, queremosvos pedir precaucións, xa que o próximo sábado 27 de febreiro, vai pasar por Galicia (en principio) unha CICLOXÉNESE EXPLOSIVA, que xa polo nome asusta. Vai ser un temporal de vento moi intenso, con refachos de ata 140 km/h, similar ou peor ó do Klaus, que foi un que houbo o ano pasado. Así que vos pedimos que autosuspendades vos o partidillo de baloncesto dos sábados, pero en xeral que non só que non saiades a xogar un partido de baloncesto, se non que non saiades da casa.

0 comentarios:

Publicar un comentario