1/2/10

AND THE BIG CAMBIO IS...

E o gran cambio é... ... ... ... ... ... PARTICIPAMOS POR FIN NUNHA LIGA!!!!!!! Dita liga chámase Liga Linco, organizada polo Seis do Nadal de Coia. Os partidos son todolos venres nas pistas de Balaídos, pero hai 4 días que descansamos (19 de febreiro, 19 de marzo, 23 de abril, e o 21 de maio) e ditos partidos xa vos iremos informando de cando son. Nós na liga somos "OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA" e xogamos cunha camisola verde oscura que pon C.P.I. CELSO EMILIO FERREIRO, pero somos nós.
O seguinte partido é o venres 5 de febreiro, ás 17:10h, contra "Os Retranqueiros Íllas Cíes",e acto seguido, ás 17:35, xogaremos contra "Os Cabaliños de Buxo Fleming".
Para animar ó noso equipo temos unha "humilde peña" (para máis información mira o noso novo apartado no blog chamado "PEÑA'S ZONE"), e gustaríanos que familiares, seguidores, pais e nais (sobretodo) nos viñésedes animar, pero iso sí, alí hai que berrar eh!!! jejeje. Estaremos situados "nun alto" que hai nas pistas (cando cheguedes xa o recoñeceredes). Por certo, se a xente que veña ten algo para animar (megáfono, bombo, bocinas...) estaremos encantados de que o traia.
Ben, se alguén ten alguna dúbida, pode comunicarse con nós a través do noso enderezo electrónico (cbalexandrebovedachapela@mail.com).
Antes, unha cousa: Como podedes observar cambiamos a cabeceira do blog. A foto da dereita embaixo é a da liga. Pode que tamén observedes que 3 dos máis maiores non están na foto da liga. Eso é porque eles xa pasan de categoría, e non poden xogar. Eles son parte da peña que vos comentamos antes.
Agradecemos a vosa colaboración.

0 comentarios:

Publicar un comentario