24/5/10

XORNADA DE PORTAS ABERTAS DO NOSO CLUB

O noso club está a organizar unhas xornadas de portas abertas para que veñas probar ó baloncesto, e se che gusta, vir xogar connosco a tempada que ven. Poderás vir se cursas entre 1º de primaria e 4º de ESO. Serán os días 5 e 12 de xuño: O 5 será para primaria de 10 a 13 h no CEIP LAREDO, e o día 12 será no IES CHAPELA para ESO ás mesmas horas. Poderaste inscribir no correo electrónico cbalexandreboveda@gmail.com e terás como prazo máximo de inscripción ata o día 2 de xuño para primaria e 9 de xuño para ESO. Na túa inscripción deberás incluir nome e apelidos, data de nacemento, teléfono ou móbil, correo electrónico, nome do centro educativo e curso. Aquí tendes os lugares onde se van realizar as actividades en 3D, e ó final o cartel que empregamos para difundir esta actividade, que podedes poñer a difundir:

IES CHAPELA (Dende a avenida de Redondela):

Visualizar o mapa ampliado

IES CHAPELA (Dende outro plano):

Visualizar o mapa ampliado

CEIP LAREDO:



0 comentarios:

Publicar un comentario