24/8/12

II TORNEO BENÉFICO REDONDELA 3x3

O CB Redondela vai organizar o vindeiro sábado 8 de setembro o II Torneo Benéfico Redondela 3x3. Xogarase durante toda a tarde dese sábado día 8 no Pavillón do IES Mendiño, Redondela. Os equipos poderán ser masculinos, femeninos ou mixtos cun máximo de 5 xogadores/as de categorías júnior e/ou sénior, cuxa cuota de inscripción será de 3€ por persoa. As inscripcións deberán enviarse ó enderezo electrónico club.baloncesto.redondela@gmail.com, e o prazo remata o xoves 6 de setembro (incluído). Os horarios tamén se confirmarán por mail.
Tendes máis información do torneo aquí.
Animádevos a participar!

0 comentarios:

Publicar un comentario