A extraordinaria actuación do equipo santiagués deixa todo por decidir para a derradeira xornada. O domingo, ás 12:30 horas, unha gran parte dos integrantes do C. B. REDONDELA estaremos en Compostela para animar ao noso máximo representante.
Blog oficial do Club Baloncesto Redondela.
O partido Obradoiro - Bilbao Básquet disputarase o domingo día 19 de maio ás 12:30 horas. O prezo das entradas para os acompañantes será de 15 € e se son nenos/as 10 €. Aquelas persoas interesadas en adquirilas poden dirixirse ás persoas que habitualmente cobran nos adestramentos adxuntando o importe da entrada. O prazo para facelo remata este venres.
Ante a demanda que recibiu o Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB) de persoas que querían ser árbitros/as e/ou oficiais de mesa, o CGAB decidiu realizar o III Curso on line de árbitros e oficiais de mesa. Comezará o vindeiro luns 18 de marzo, e o prazo de inscripción remata xa este venres 15. Para poder inscribirse é preciso abonar unha cantidade de 10€ no número de conta de La Caixa 2100-1455-11-0200136257 da Federación Galega de Baloncesto e cubrir a ficha que adxuntamos nesta entrada. Animádevos a formar parte do colectivo arbitral galego!