6/2/14

Club do Adestrador Galego: Aula Formativa do Adestrador Galego: Sesión Teórica da man de Miguel Ángel Ortega (16 de febreiro en Culleredo).

Estimad@s Adestradores.

Achegamos información relativa a unha nova convocatoria da "Aula Formativa do Adestrador Galego", a cuarta xa nesta temporada 2013 – 2014; e que está programada para o vindeiro 16 de febreiro, ás 17:00 h, nas instalacións do Polideportivo Municipal do Burgo (Culleredo).
Esta sesión didáctica correrá a cargo de Miguel Ángel Ortega e a temática escollida para a mesma é: “Utilidades Básicas da Táctica Individual”.
Toda a información desta actividade, a cal poderase validar por 3 HORAS de formación para todos aqueles alumnos dos Cursos de Iniciación Nivel 1 e Nivel 2 FGB, podedes consultala na seguinte ligazón: 
Agardando que esta información sexa do voso interese e que valoredes a vosa participación, recibide un cordial saúdo.

-- 
Atentamente

Club do Adestrador Galego
clubdoadestrador@fegaba.com

0 comentarios:

Publicar un comentario