5/11/10

O CD ALEXANDRE BÓVEDA-BALONCESTO APOSTA POLO BALONCESTO NOS CATIVOS

O noso club de baloncesto incorpora un equipo máis, para os máis cativos:
Será un equipo específicamente para os máis pequenos, dende os 4 anos ata 3º de primaria. Con este equipo, o que pretende o noso club e divertir ós cativos xogando ó baloncesto e que xa desde pequenos teñan unha visión do que é o noso deporte. Os horarios de adestramento serán os mércores de 15:45 h a 16:45 h no CEIP LAREDO, e o equipo será adestrado por Paula e Brais, Miguel e Abraham (tamén xogadores no equipo de Chapela) serán adestradores-axudantes.
Xunto cos outros dous equipos de baloncesto que adestramos (o de Chapela e o de Cesantes), xa temos tres equipos este ano. Pouco a pouco ímos crecendo, e unha proba delo e este novo equipo.
Permanecede atentos a nós, porque temos moitas cousas das que vos informar neste comezo de tempada.

0 comentarios:

Publicar un comentario